Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  POLÍTICA - ECONOMÍA
 

Os clientes de JP Morgan aconsellan non investir no estado pola súa desastrosa clase política

Os investidores de JP Morgan paseáronse polo estado español durante a semana pasada para valorar se xa é o momento de investir no estado. As conclusións dos capitalistas foron claras: a sociedade e a empresa están a facer os seus deberes, pero os políticos que gobernan, como os que o pretenden, son un desastre total.

 

  • Noticias relacionadas

"Os escándalos políticos e institucionais están a facer moito dano á imaxe de España no exterior", a pesar de que o noso "se considera un país do máis atractivo que hai en Europa para investir", sometido a un brutal axuste "que poucas economías poderían aceptar", apuntan nunha nota interna.
 
"A semana pasada os nosos analistas percorreron Madrid con investidores e comprobaron como a profunda recesión, o alto desemprego e a inevitable austeridade non parecen aínda estar a incitar os políticos a traballar xuntos para encontrar unha solución que axude a reavivar a confianza dos investidores".

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript