22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Estou farta
Estou farta de que me fagan xogar coas regras dun sistema que leva a crise no seu código xenético.
Estou farta de que me conten as leccións aprendidas durante a (sempre) penúltima gran recesión.
Estou farta de que me falen de compartir as perdas coma se en algún momento compartiramos os beneficios.
Estou farta de pocións máxicas e/ou sesudas formulacións teórico-prácticas que nunca pasan por redistribuír a riqueza.
Saúde.


Por un poñer
Non teño npi de economía... pero o sentido común dime que Estados Unidos e Europa non podemos, nestes momentos, tomar as "mesmas medidas".
Uns son donos da súa moeda, nós non.
Uns son soberanos, nós regalámola, vendémola, perdémola, pero non, non somos xa países soberanos e os que debían defender os nosos intereses non o fan, só defenden os propios.
Uns deixaron o mercado inmobiliario en caída libre, outros mantemos prezos artificiais.
Uns dan unha segunda oportunidade, para outros a hipoteca é unha condena a perpetuidade.
...... Bla, bla, bla.
O que teño claro é que se unha débeda non se pode pagar para que perder o tempo en intentalo? Se os remedios que se dan son peores que a enfermidade para que sufrir os remedios e non intentar gozar da enfermidade?
Cando as non solucións só benefician a catro porqué non imos o resto a suxerir solucións que beneficien a todos?
Por un poñer, porqué nos empeñamos en que traballen algúns máis por menos, cando poderiamos traballar todos menos por máis? non é máis lóxico?
Xa comezo a desvariar..

"A CEOE pide unha nova reforma laboral que impida a intervención dos xuíces".
Ten que pasar algo no Estado. Pero que é o que debe pasar?
-Debemos parar a CEOE. Debemos dicilo todos e en todas as partes posibles que se lles rematou o choio de barra libre violando os nosos lexítimos dereitos laborais e sociais diariamente. Recórdovos amigos, que sen dereitos laborais neste Estado, entraremos nun Estado de "Sinarquía".
-As centrais sindicais nacionais e estatais deben ser capaces de mobilizar xa a toda a poboación e se non son capaces de facelo como é debido, que teñan a gallardía de disolverse alegando que están compradas polo capital/mercados. Que se vaian, que se vaian dunha vez. Necesitamos sindicalistas comprometidos co pobo e non máis servís e corruptos que non loitan polos nosos dereitos. Se o Estado está á ofensiva, os cidadáns teñen que entoar o non nos moverán. Debemos loitar nas rúas nas fábricas. En todos os centros de traballo. Todos xuntos e á vez. Necesitamos facer xa unha folga xeral indefinida estatal ata que solucionemos e plasmemos por escrito todo o que nos interesa de veras. Nin un paso atrás nos nosos dereitos. Nin un un centro público máis privatizado. Isto só se arranxa volvendo tomar as rúas todos os cidadáns.

PP - nazismo
O PP mófase e menospreza as vítimas do nazismo e o holocausto no momento que se atreven a poñerse eles ao mesmo nivel que estas vítimas. que credes que pensarían as vítimas e fillos das vítimas do holocausto ao escoitar que estes ineptos de vidas acomodadas e protexidas se comparan con eles..?

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript