Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  "MENTRES SAE A QUENTE DESPERDÍCIASE"
 

Cañete, despois dos iogures, pide á xente ducharse con auga fría para aforrar

Se non fose pola tráxica situación que moitos cidadáns e cidadás padecen. Os comportamentos e as declaracións dos membros dos gobernos, autonómico e central serían como para enmarcar e sacalas nas tertulias para botar unhas risas.

 

  • Noticias relacionadas

O presidente da autonomía galega non se lembra de nada no asunto Marcial pero si acusa ao PSOE e BNG de ser colaboradores directos das empresas de Marcialiño, empresas que, casualmente, só coñece el
 
A nivel central teñen o seu paiaso particular, Arias Cañete, que o mesmo che pide que consumas iogures caducados que che recomenda que non te duches en auga quente porque se perde moita auga mentres agardas a que queza.
 
Se fose un chisco máis listo o sr. Cañete decataríase de que as súas declaracións xa son un feito, cada día máis familias se duchan en auga fría, non polas súas recomendacións senón polas políticas aplicadas polo seu partido que xa conseguen que  as economías domésticas cada día estean máis defenestradas e irán prescindindo, cada día máis, de “privilexios” coma os de ducharse en auga quente, simplemente para malvivir.
 
Cretinos coma estes teñen nas súas mans a vida e o futuro de millóns de persoas. Con este nivel intelectual non poden ser máis que tontos útiles de quen realmente os manexa, o capital.
 
Que dous individuos coma estes cheguen a cargos tan relevantes é cousa desta pseudo democracia, que continúen dicindo barbaridades é culpa de todos/as. Hai que botalos!

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript