Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL - GRECIA
 

Por unha revisión das políticas de austeridade

Europa debe evitar que a situación en Grecia se converta nunha catástrofe humanitaria absoluta e asegurarse de que o mesmo remedio non se receite a outros países con economías débiles. Pedimos a vostedes, membros da Troika, e ao Goberno grego, que revisen o plan de austeridade e que poñan os seres humanos e as súas necesidades no centro das súas decisións.

 

  • Noticias relacionadas

Grecia está á vangarda da crise económica europea. Está a experimentar un nivel de austeridade sen precedentes, cuxo peso está a caer de xeito desigual nas persoas que son as menos responsables pola débeda, e que poden chegar a sufrir máis. Eles son os cidadáns gregos e miles de inmigrantes e solicitantes de asilo.
 
Dende 2009, Grecia foi testemuña dun aumento do 37% nas taxas de suicidio, mentres que a taxa de desemprego se disparou de 8% a 27% (57% para os mozos), deixando 1,29 millóns de persoas sen emprego. Hoxe 3,4 millóns de persoas en Grecia son consideradas como pobres, representando o 31% da poboación. O fracaso da clase política para facer fronte aos problemas do país conduciu tamén a que o movemento neonazi "Amencer Dourado" se converta no terceiro partido político do país, con proxeccións que oscilan entre o 12% e o 15% de intención de voto. Tantas persoas se están a volver tan enfadadas e desesperadas que mesmo se correría o risco de sacrificar a democracia para que a súa voz sexa escoitada.
 
Este non é só un problema grego, senón tamén europeo. Grecia cometeu erros, pero as continuas políticas de "só austeridade" non son a solución á crise. Pola contra, impiden o crecemento económico e teñen un impacto desvastador na poboación.
 
Grecia ten que reestruturar a súa economía e poñer as súas finanzas baixo control. Non obstante, a recuperación económica sostible vai máis alá dos balances orzamentarios e os obxectivos fiscais.
 
A austeridade non se pode aplicar a custa do sufrimento humano. As medidas de consolidación deberían centrarse en sanear o sector público, apoiar o crecemento económico ambientalmente sostible, e a cohesión social baseada no principio de solidariedade polo que os máis fortes levan máis da carga pesada.
 
Europa debe evitar que a situación en Grecia se converta nunha catástrofe humanitaria absoluta e asegurarse de que o mesmo remedio non se receite a outros países con economías débiles.
 
Pedimos a vostedes, membros da Troika e ao Goberno grego, que revisen o plan de austeridade e que poñan os seres humanos e as súas necesidades no centro das súas decisións.

 
Asina a petición
 
AVANTI protexerá a túa privacidade e manterate informado sobre próximas campañas.
 
O 9 de maio (Día de Europa), os resultados desta petición serán enviados á Troika e ao goberno grego.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript