Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - #UDCnarúa
 

25 de abril. A UDC sae á rúa!

O 25 de abril, a comunidade universitaria coruñesa sairá á rúa cos seguintes obxectivos:

 

- Mostrar abertamente o noso labor cotiá e crear conciencia de que NON pode haber unha sociedade democrática e avanzada sen unha boa universidade pública, accesible para todas.
 
- Denunciar os recortes que están a sufrir as universidades públicas, poñendo en perigo o seu labor social, investigador e docente.
 
- Denunciar o intento de poñer a universidade pública ó servizo das grandes empresas e bancos, para que máis tarde pasen a estar directamente gobernadas por estas entidades.
 
- Denunciar a diminución da autonomía universitaria e o progresivo retroceso dos modelos de xestión e gobernación.
 
- Esixir a eliminación da brutal suba de taxas que asumiu a maioría do alumnado do Estado este ano.
 
- Esixir a implantación dunha política de bolsas pública, xeral e suficiente, convertendo a universidade nunha institución accesible e democrática.
 
- Esixir condicións dignas e estables para os cadros de persoal das universidades públicas e centros de investigación, tanto PAS, como PDI, como traballadoras e traballadores de empresas contratadas como reprografía, cafetaria e limpeza.
 
- Esixir unha defensa coherente e digna dos organismos públicos de investigación e das universidades públicas por parte das autoridades académicas, evitando traspasar as liñas vermellas que implican a participación cómplice no seu desmantelamento.
 
- Esixir o cese dos recortes en I+D+i e un financiamento orzamentario suficiente para acadar o obxectivo do 2% de PIB en 2015.
 
- Esixir a derrogación do Decreto 14/2012 que conculca o principio constitucional de autonomía universitaria e mostrar un profundo rexeitamento á LOMCE, así como ás propostas que, co pretexto de mellorar o noso sistema educativo, soamente contribúen ao seu deterioro.
 
- Esixir a rectificación inmediata das políticas actuais por parte das autoridades competentes dacordo co exposto nos puntos anteriores.
 
En conclusión, saímos á rúa co obxectivo de concienciar á xente da imposibilidade de acadar unha universidade pública, de calidade e accesible para todas coas constantes políticas de recortes que están levando a cabo un retroceso tanto nos modelos de xestión, como no propio avance cara as melloras educativas.
 
Esiximos unha universidade con organismos de investigación e que non estea dirixida polas grandes empresas e os bancos.
 
Esiximos un NON á suba das taxas e ás falsas propostas que aseguran mellorar o sistema universitario mentres contribúen ao acercamento a unha institución cada vez máis deteriorada.
 
Por todo isto, o 25 de abril, a UDC sae á rúa!

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript