Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - XUBILACIÓN PARCIAL
 

Unha oportunidade perdida?

Como sabedes o goberno endurece progresivamente as condicións para o acceso á prestación de xubilación anticipada e á xubilación parcial. No último Real Decreto- Lei 5/2013 alonga a idade para o acceso á xubilación parcial, incrementa o período de cotización etc.
 
Non obstante abre unha opción legal para seguir aplicando a regulamentación vixente antes do 1 de xaneiro de 2013, ás pensións que se causen ata o 1 de xaneiro de 2019, regulamentación que era moito máis beneficiosa.

 

 

Requisitos:
 

  1. Que en convenio ou acordo colectivo se regule a xubilación parcial.

  2. Presentar na Dirección Provincial da Seguridade Social que corresponda antes do 15 de abril de 2013, ademais do convenio ou acordo colectivo (podíase formalizar á marxe do Convenio Colectivo), a relación dos traballadores que cumprirán 61 anos ata o 1 de xaneiro de 2019, xunto cos “códigos de conta de cotización" de cada un.
 
Polo que sabemos este procedemento realizouse na práctica totalidade de empresas e na xeneralidade da Administración Pública, na Xunta de Galicia tamén (informamos no anterior pasquín).
 
Na nosa Universidade non transcendeu que houbera acordo entre Comité de Empresa e Institución, de aí que o poñamos cunha interrogante.
 
Volvemos a insistir, se os sindicatos que conforman o Comité de Empresa non se senten capacitados, que convoquen novas eleccións, de térense convocado no momento da dimisión dos membros da CUT agora xa estaría arranxado.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript