Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE MADRID
 

Sentenza que obriga ás universidades públicas de Madrid a pagar parte da paga extra de decembro

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid emitiu, recentemente, unha sentenza que condena ás universidades públicas da Comunidade ao pagamento ao persoal laboral de administración e servizos da parte proporcional da paga extraordinaria de decembro, concretamente ao percibido entre o 1 de xaneiro ao 14 de xullo de 2012.

 

 

A situación destes traballadores é idéntica á do persoal laboral da UDC, tres pagas extra que se perciben en computo anual. Así se recoñece no apartado de Feitos probados:
 
SEGUNDO. Las retribuciones del PAS se actualizan anualmente en base a los criterios establecidos en el II Conveni o antes citado, cuyo art . 69 dispone lo que sigue con relación a las pagas extraordinarias:
 
"Los trabajadores tendrán derecho a tres pagas extraordinarias, cada una de ellas de cuantía equivalente al importe mensual del salario base más los complementos de antigüedad, que se pagarán al finalizar los meses de junio, septiembre y diciembre. Dichas pagas serán proporcionales si la prestación del servicio a la fecha de su devengo fuera inferior a un año”.
 
A sentenza danos a razón aos que sempre mantivemos que pese ao que se establecía no artigo 2.2 do RD 20/2012 e da posterior adaptación realizada pola Xunta de Galicia o PAS laboral que percibimos máis de dúas pagas extraordinarias tiñamos razón, cando menos, á reclamación e á devolución das cantidades prorrateadas até a publicación da Lei 9/2012, cando menos.
 
Agora só falta que o Comité de Empresa ou sindicato presente o pertinente conflito colectivo en base a, sen ir máis lonxe, esta sentenza.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript