Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  A COVA DE ALI BABÁ
 

Novagalicia terá que devolver os 1.860 euros que pasou dunha cartilla infantil a preferentes

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declara nulo o contrato dunha moza á que pasaron os fondos dunha cartilla infantil a participacións preferentes e destaca que non se fixo fincapé ás clientas dos riscos que levaba consigo a operación.

 

  • Noticias relacionadas

A sentenza, que é firme, destaca que non se apreciou "motivo ningún para pensar" que a moza ou a súa nai -que foi a que no seu nome, en 2005, contratou o produto- "presentasen a experiencia investidora suficiente como para concluír que o erro fora froito da súa propia neglixencia ou desatención", pois trátase dun produto "complexo".
 
Así mesmo, destaca que "non sería de estrañar" que a denunciante e a súa nai "puidesen acabar confundindo o produto con algo parecido a un depósito a prazo, do que as participacións preferentes se diferencian de forma substancial, pero cuxos elementos diferenciais non foron axeitadamente postos de manifesto pola entidade bancaria,".
 
De feito, indica que non quedou constancia de que se lles fixese fincapé nos "riscos que supoñía esta operación que, indubidablemente, debería ser cualificada de alto risco".
 
Así, ao declarar nulo o contrato, obriga a Novagalicia Banco a "devolver á demandante a cantidade de 1.860 euros, cos intereses" e sen que haxa lugar a operar a compensación" á entidade "en relación coas cantidades cobradas pola demandante en concepto de remuneración durante a vixencia do contrato".

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript