Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  MOCEDADE - PARO
 

70.300 mozos perderon o seu emprego en Galicia dende 2007

O emprego en Galicia, cada vez peor. En Galicia un total de 70.300 mozos menores de 25 anos perderon o seu emprego dende o ano que comezou a crise en 2007, nese ano eran 110.400 os que tiñan traballo. O que supón un descendo dun 63,7%. Así se recolle no informe rexional da Asociación de Empresas de Trabajo Temporal, Asempleo, do mercado laboral do cuarto trimestre de 2012.

 

 

Segundo detalla o documento no último ano, a destrución de emprego xuvenil na Comunidade, situada no 23,8 por cento, é superior á do conxunto do estado, cun 19,1 por cento. Ademais, o informe destaca os mozos galegos que buscan activamente un emprego diminuíron "considerablemente" nestes anos de crise, ata reducirse un 40,1 por cento dende o terceiro trimestre de 2007.
 
"É dicir, catro de cada dez mozos menores de 25 anos decidiron abandonar a busca activa de emprego dende que comezou a crise, ante as escasas expectativas que encontran no mercado laboral," indica Asempleo.
 
É de sinalar, tamén, que a emigración amortece o efecto das estatísticas de paro. A emigración é, novamente, a única saída para a mocidade que, no canto de situacións anteriores, agora está sobradamente preparada.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript