Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Méndez reununcia ao Honoris Causa

No ano 2002 a Universidade da Coruña concedera o título de Doutor Honoris Causa a José Luís Méndez, (daquela director xeral de Caixa Galicia), o mércores 10 de maio, obrigado pola presión interna dentro da institución que en pouco tempo llo retiraría adiantouse a esa próxima decisión facendo efectiva a renuncia ao inmerecido título honorífico.

 

 

 

A iniciativa para que a Universidade procedera á retirada do título partiu dos Comités Abertos que presentaron a solicitude no Consello de Goberno e no Claustro Universitario.
 
A retirada do honoris causa discutiuse, tamén, nalgún centro que á súa vez no propio Consello de Goberno se sumou á retirada.
 
O noso sindicato apoiou a retirada de honores, primeiro propoñendo a iniciativa no propio Comité de Empresa onde foi rexeitada e despois nos órganos colexiados cando se plasmou a proposta de Comités.
 
Méndez, como máximo responsable de Caixa Galicia, foi un dos responsables do desastre financeiro galego.
 
Durante a súa etapa Caixa Galicia enganou a miles de aforradores que sufriron nas súas economías o roubo organizado a través de produtos financeiros complexos como son as preferentes e subordinadas.
 
Debido á súa interesada xestión centos de traballadores perderán o seu posto de traballo.
 
Méndez é un individuo que, de ningún xeito, merecía a máis alta distinción da Universidade. Pena que, coa tardanza en tomar a decisión de llo retirar, tivese tempo para renunciar. Para a Universidade será un alivio (aducíu no seu momento a falta de regulamento para proceder á retirada do título), para nós unha oportunidade perdida de facer xustiza.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript