Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

Lei do Emprego Público

O Consello da Xunta abordou, na reunión do día 11, o anteproxecto de lei que, a conselleira de Facenda, trasladou aos sindicatos o venres día 12.

 

 

A conselleira de Facenda, na reunión na que se trasladou o proxecto de lei adiantou que é previsible unha nova lexislación a nivel do estado que lle afectará a esta nova lei.
 
Como ven sendo norma, non só na Xunta de Galicia, na UDC tamén pasou, os últimos en enterarse, son os teóricos interlocutores, neste caso fíxose partícipes aos medios de comunicación do proxecto antes que aos sindicatos.
 
Como non podía ser menos, o PP quere facerse cunha nova ferramenta que lle permita actuar máis libremente, esencialmente, continuar coa privatización de servizos e facilitar os “recortes” de persoal.
 
Aínda que, de momento, énos imposible facer unha valoración con fundamento da proposta si podemos avanzar algunha pincelada.
 
Como establece no artigo 3. A lei aplícase ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.  Ás entidades locais galegas. Ás entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia. Ás entidades públicas instrumentais vinculadas ou dependentes das entidades locais galegas. Ás Universidades públicas galegas.
 

  • Desenvolve o réxime disciplinario.
     
  • Modifica a estrutura retributiva cambiando a denominación de complementos e, en concreto, establece o complemento de desempeño (que ven sendo o de produtividade) ligado á avaliación do desempeño ligado á avaliación persoal.
     
  • Establece un plan de ordenación de recursos humanos. Fala o propio goberno de reasiganción de efectivos segundo as necesidades o que significará, nin máis nin menos, que ninguén ten a súa ubicación laboral asegurada, iso si afirmaron para dulcificalo que non haberá despedimentos.
 
Ultimamente cando se cambian as leis sempre é para empeorar a nosa situación laboral e recortarnos dereitos. Non agardamos menos deste novo proxecto de lei. De todos os xeitos, como xa vos indicamos, requírese máis tempo para poder avaliar en profundidade o novo proxecto de lei, poñémonos a traballar para facer esa análise e trasladárvola, revisádea e transmitídenos as vosas apreciacións.

Proxecto de lei

A noticia na prensa
A Xunta quere examinar un por un a 120.000 funcionarios
Os funcionarios que suspendan o exame non cobrarán produtividade

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript