Número 183 - 15 de abril de 2013
 
 
PUBLICADA, no DOG do 16/04/2013, a RPT DE PAS da Universidade, a RPT publicada ten erros que eixen a realización da correspondente corrección.
UNIVERSIDADE

    Recentemente convocóusenos a unha reunión para constituír a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo.
     
    A CUT ven de rexeitar a súa presenza nesa mesa de negociación polas razóns que deseguido vos sinalamos

UNIVERSIDADES

UNIVERSIDADE - XUBILACIÓN PARCIAL

    Como sabedes o goberno endurece progresivamente as condicións para o acceso á prestación de xubilación anticipada e á xubilación parcial. No último Real Decreto- Lei 5/2013 alonga a idade para o acceso á xubilación parcial, incrementa o período de cotización etc.
     
    Non obstante abre unha opción legal para seguir aplicando a regulamentación vixente antes do 1 de xaneiro de 2013, ás pensións que se causen ata o 1 de xaneiro de 2019, regulamentación que era moito máis beneficiosa.

UNIVERSIDADE - CAMPUS DE ELVIÑA

    Un vídeo colgado en youtube denuncia o estado da estrada de acceso ao campus de Elviña na Coruña, traballadores/as e usuarias/os quéixanse de que a vía está chea de fochancas e que a circulación é perigosa.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    30.034 familias quedaron sen casa o ano pasado. 30.034 familias quedaron endebedadas para toda a súa vida mentres as súas 30.034 vivendas pasaban ás mans dos seus bancos, a frecuencia é dun desafiuzamento cada 15 minutos.

TVG

    Baixo o lema "Eu non manipulo, e ti?" e "En Defensa da creación dun Consello de Informativos", nace a páxina web eunonmanipulo.wordpress.com.

A TV EN CÓDIGO ABERTO

    Galiza Ano Cero é un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.

MOCEDADE - PARO

PROFESORADO CELGA

    Somos máis de cincocentas as persoas que figuramos na listaxe de profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística para impartir os cursos de galego para adultos (Celga e linguaxe administrativa e xurídica). Moitas das persoas que pertencemos a ese colectivo levamos anos demandando cambios na maneira de xestionar o sistema de formación en lingua galega para adultos.

ATENTO EN LOITA

    Os pasados días 9 e 10 de abril, a empresa Atento, decidiu unilateralmente o despedimento de 142 traballadores do centro de traballo da Coruña, pertencentes ao servizo de atención ao cliente da empresa de Movistar e ao Servizo KAT ADSL (atención técnica e avarías de banda ancha Adsl dos clientes de Telefónica)

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    Al Capone foi encarcerado por defraudar a Facenda. Tivo mala sorte: na España de hoxe teríase librado. O pasado 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, saíu publicada no BOE unha reforma do Código Penal que pasou desapercibida, a pesar da súa gravidade e transcendencia.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Onte estiven no meu primeiro escrache: o que a PAH de Madrid fixo ante o domicilio da deputada do PP Beatriz Rodríguez Salmones, no barrio de Chamartín. É dicir, estiven intimidando e acosando, con violencia, de forma ilegal e antidemocrática, e todo moi nazi.

    
  •   
 
 XUNTA DE GALICIA
    O Consello da Xunta abordou, na reunión do día 11, o anteproxecto de lei que, a conselleira de Facenda, trasladou aos sindicatos o venres día 12.
 UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE MADRID
    O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid emitiu, recentemente, unha sentenza que condena ás universidades públicas da Comunidade ao pagamento ao persoal laboral de administración e servizos da parte proporcional da paga extraordinaria de decembro,  concretamente ao percibido entre o 1 de xaneiro ao 14 de xullo de 2012
 UNIVERSIDADE
    No ano 2002 a Universidade da Coruña concedera o título de Doutor Honoris Causa a José Luís Méndez, (daquela director xeral de Caixa Galicia), o mércores 10 de maio, obrigado pola presión interna dentro da institución que en pouco tempo llo retiraría adiantouse a esa próxima decisión facendo efectiva a renuncia ao inmerecido título honorífico.
 UNIVERSIDADE - ACAMPADA ETSA
    Para o xoves 25 de Abril a marea verde convoca encerros en todos os centros educativos de España en resposta aos recortes en educación. Na Coruña non queremos quedar niso e propoñemos sacar as clases á rúa, comprometendo tanto alumnos coma profesores na protesta cara aos ataques que estamos a recibir por parte do goberno coa escusa da crise.
 PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA - (PAH)
    As entidades promotoras da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola dación en pagamento retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social denuncian a vontade do Partido Popular de aproveitar a tramitación parlamentaria da ILP para desvirtuar as propostas desta iniciativa cidadá.
 CRISE - INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
    Seis de cada dez fogares galegos teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a fin de mes (un 64% do total), segundo a enquisa conxuntural de fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
 A COVA DE ALI BABÁ
    O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declara nulo o contrato dunha moza á que pasaron os fondos dunha cartilla infantil a participacións preferentes e destaca que non se fixo fincapé ás clientas dos riscos que levaba consigo a operación.
 INMIGRACIÓN - PERSECUCIÓN POLICIAL
    Nun comunicado feito público o día 9, o Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis da Coruña denunciaron o "acoso policial" ao colectivo nixeriano da cidade, particularmente aos vendedores ambulantes.
 PRIVATIZAR, PRIVATIZAR, PRIVATIZAR...
    O Ministerio de Emprego planea privatizar parte da xestión do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que se encarga de pagar os salarios e as indemnizacións dos traballadores/as das empresas que quebran.
 LINGUA
    A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que se cumpra a lexislación vixente e que todos os organismos públicos deixen de excluír o galego nas sinalizacións.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    EN TODAS AS CADEAS

     
      A XEFA

       
        ESCRACHES

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript