Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  PRIVATIZAR, PRIVATIZAR, PRIVATIZAR...
 

Emprego quere privatizar parte da xestión do Fogasa

O Ministerio de Emprego planea privatizar parte da xestión do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que se encarga de pagar os salarios e as indemnizacións dos traballadores/as das empresas que quebran.

 

  • Noticias relacionadas

O goberno prepara o Programa de Viabilidade para este organismo no que se contempla a privatización "temporal"da xestión dos expedientes atascados e "indefinidamente" a xestión da atención telefónica. Para iso, os responsables de Emprego formulan a posta en marcha de dous programas. O primeiro, denominado Greta, consistirá en "contratar a realización de actividades necesarias para o trámite dos expedientes pendentes. Esta acción é temporal e transitoria. Desaparecerá ao eliminar a bolsa de expedientes atascados", indica o texto elaborado polos responsables de Emprego.
 
A previsión é que ámbolos dous programas entren en funcionamento o vindeiro 15 de setembro, levándose a efecto mediante concurso público.
 
A noticia fíxose pública a través da Federación da Administración do Estado de FSP-UGT. Queda agora o traballo de organizar a resposta que non sería estraño que o tiveran que facer outros. A este paso ate a facenda pública acabará controlándose por empresas privadas. Non se pode esquecer que o Fondo de Garantía Salarial é o organismo que garante aos traballadores a percepción de salarios, así como as indemnizacións por despedimento ou extinción da relación laboral, pendentes de pagamento a causa de insolvencia ou procedemento concursal do empresario. Na situación actual é imprescindible que siga sendo absolutamente público.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript