Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
 

Seis de cada dez fogares galegos teñen dificultades económicas para chegar a fin de mes

Seis de cada dez fogares galegos teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a fin de mes (un 64% do total), segundo a enquisa conxuntural de fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE)

 

 

En concreto, case dous de cada dez (17,83% do total) presentan moitas dificultades, o que supón que este dato case se triplicara nun ano, no primeiro trimestre de 2013 con respecto ao do mesmo período do ano anterior, cando se situaba no 6,5%. En canto ao cuarto trimestre de 2012, a cifra de fogares con moitas dificultades sobe case seis décimas, xa que entón estaba en 17,26%.
 
Ademais, a enquisa do IGE tamén reflicte que un 28,37% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos últimos tres meses, o que supón diminuír a porcentaxe tanto en taxa intertrimestral e interanual, pois un 31,65% dos fogares non se permitira ningún extra no último trimestre de 2012 e un 31,46% tamén se privara de todo extra o primeiro trimestre do ano pasado.
 
En canto a medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagamentos nos últimos tres meses, un 38,8% dos fogares de Galicia declaran cambiar os seus hábitos de compra, ao escoller produtos en oferta ou de marca branca, por exemplo.
 
Un de cada dez fogares galegos (10,62%) recibiron axuda económica de familiares ou amizades o primeiro trimestre do ano e tomaron medidas financeiras un 3,66% do total.
 
Así mesmo, case un de cada dez fogares (8,43%, fronte ao 6,63% de hai un ano) admiten ter algún atraso no pagamento de recibos de obrigado cumprimento.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript