Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

30.034 familias desafiuzadas en 2012

30.034 familias quedaron sen casa o ano pasado. 30.034 familias quedaron endebedadas para toda a súa vida mentres as súas 30.034 vivendas pasaban ás mans dos seus bancos, a frecuencia é dun desafiuzamento cada 15 minutos.

 

  • Noticias relacionadas

  • O outro día, un matón de barrio dixo que lle ía romper a cara ao primeiro perroflauta que lle sinalara co dedo. Esta mañá, botaban do Congreso persoas estafadas tamén polos bancos. Tamén, o Goberno multou 18 persoas por mostrar unhas cartolinas na porta do vicepresidente Sáenz de Santamaría, neste mesmo sentido unhas 70 persoas que protestabamos pacificamente diante da sede do PP na Coruña fomos identificados pala policía.

     

     


     
    Un ministerio bananeiro
     
    Os escraches traen de cabeza ao Ministerio do Interior, onde reina unha lea de non te menees. Decisións que se toman pola noite son difundidas a primeira hora da mañá seguinte, para matizalas a mediodía con declaracións confusas ou sinxelamente falsas. Nin campañas difamatorias do PP e a súa prensa, nin apoios covardes do PSOE e a súa prensa, logran deter a campaña da PAH e os stop desafiuzamentos, que están a facer máis dano que unha folga xeral, sobre todo se estas protestas se incorporan ao facer doutros colectivos.
     
    O martes pola noite a dirección da Policía Nacional enviou unha orde por escrito, sobre os xa famosos 300 metros, que se colgou en todas as comisarías. A primeira hora do mércores, o secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, aseguraba que se ían prohibir os escraches a menos de 300 metros dos domicilios dos políticos. E horas máis tarde, o ministro do Interior, Jorge Fernández, negaba que se tomaran esas medidas.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript