Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Convenio Colectivo

Recentemente convocóusenos a unha reunión para constituír a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo.
 
A CUT ven de rexeitar a súa presenza nesa mesa de negociación polas razóns que deseguido vos sinalamos.

 

En resposta ao seu escrito de 10/04/2013 no que se nos convoca a unha reunión para a constitución da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo (convocatoria que xuntamos) queremos comunicarlle que:
 

  • Segundo a nosa información, o Convenio ao ser asinado por organizacións sindicais e non polo Comité de Empresa é de “eficacia limitada”, afectando directamente aos afiliados/as dos sindicatos asinantes mais non é de aplicación xeral ao conxunto dos traballadores/as, que se terían que “adherir” de xeito personalizado (non chega con referendalo en asembleas) para que lles sexa de aplicación.
     
  • O Comité de Empresa actual do PAS Laboral da UDC ten todas as capacidades inherentes a ese órgano de representación. Se non se senten con capacidade para a toma de decisións o preceptivo é que realicen a pertinente convocatoria de eleccións. De iniciarse o proceso electoral cando se produciron as dimisións no Comité de Empresa hoxe a situación do Comité podería estar totalmente normalizada.
     
  • En coherencia coa decisión tomada de dimitir do Comité de Empresa ao desautorizar as asembleas de traballadores e traballadoras (a instancias dos sindicatos que hoxe forman parte dese órgano) a actuación do Comité de Empresa, votando a favor dunha RPT que se rexeitara por unanimidade no órgano de representación no que nós eramos maioría. Comunicámoslle que a CUT non asistirá á reunión que se nos convoca.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript