Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATENTO EN LOITA
 

Pola readmisión dos 142 despedidos

Os pasados días 9 e 10 de abril, a empresa Atento, decidiu unilateralmente o despedimento de 142 traballadores do centro de traballo da Coruña, pertencentes ao servizo de atención ao cliente da empresa de Movistar e ao Servizo KAT ADSL (atención técnica e avarías de banda ancha Adsl dos clientes de Telefónica)

 

  • Noticias relacionadas

A empresa alega unha suposta diminución do volume de chamadas dos servizos, unha mentira de sobra coñecida polos traballadores do sector nesta cidade. Ademais do 142 despedimentos na Coruña, ATENTO despediu nos últimos días a outro 30 traballadores en Toledo e a 58 en Bilbao. Mentres despiden a máis de 200 traballadores, a empresa está facendo novos contratos noutros centros de traballo noutras provincias. A realidade é que Atento desvía as chamadas a outras plataformas ao seu antollo, como sempre que quere desfacerse dun  número importante de traballadores. Todo moi barato: con indemnizacións de 8 días por ano traballado.
 
Antes despedíannos cos estratexia de deslocalizar o noso traballo a países onde contrataban máis barato. Tralas continuas protestas de traballadores e clientes que se emprenderon contra esta práctica empresarial, as empresas de telecomunicacións e, neste caso, Telefónica, están mudando a súa política de atención aos usuarios co único fin de lavar a súa imaxe e captar máis clientes. O obxectivo de Telefónica-Movistar é recuperar a confianza dos clientes vendéndolles a idea dunha maior calidade pola atención desde centros xeográficos próximos, neste caso despiden traballadores na Coruña, como é o caso de Pymes, para contratar noutras provincias porque parece que en Galicia hai menos clientes de empresa como Catalunya ou Madrid.
 
Non podemos permitir que se siga destruíndo emprego na Coruña, máis tratándose de empresas que, como Telefónica-Movistar e Atento están podres de cartos a costa da explotación dos seus traballadores.
 
TODOS Á MANIFESTACIÓN O MARTES 16 ÁS 20:00 HORA DIANTE DA EMPRESA ATENTO, NA RÚA JUAN FLÓREZ, 80-82.
 
Agradecemos o apoio e solidariedade da clase obreira da Coruña e de toda a cidadanía.
 
ATENTO DESPIDE, TELEFÓNICA CULPABLE!
DESPEDIDOS READMISIÓN!

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript