Abril de 2013
 
 

15/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - ACAMPADA ETSA
 

Mobilización o 25 de abril

Para o xoves 25 de Abril a marea verde convoca encerros en todos os centros educativos de España en resposta aos recortes en educación. Na Coruña non queremos quedar niso e propoñemos sacar as clases á rúa, comprometendo tanto alumnos coma profesores na protesta cara aos ataques que estamos a recibir por parte do goberno coa escusa da crise.

 

 

Neste texto van incluídas 3 mensaxes (Profesores, Alumnos e Colectivos Sociais), non é necesario que o leas completo. DIfunde e participa.
 
Contacta con nosoutros:
 correo electrónico: acampadaetsac@gmail.com
 Facebook y Twitter: AcampadaETSAC
 Ou no local de estudantes de la facultade de arquitectura
 
Mensaxe para os PROFESORES:
 
Se estás interesado en participar pedíimosche varias cousas:
 
A primeira que te poñas en contacto connosco antes do día 10 para que poidamos ir organizando os horarios e ir pedindo os permisos nas distintas prazas.
 
A segunda, que elixas o tema e nolo comuniques con suficiente antelación (polo menos unha semana antes). Estes son os 4 tipos de clases nos que estamos a pensar, pero tamén podes sacar aos teus alumnos á rúa e darlles clase normal:
 
1)Divulgativas (30-60 min): para dar a coñecer as materias que cada un domina e a súa utilidade para a sociedade
 
2)Criticas (30-60 min): temas de actualidade nos que se necesita un cambio ou xa existe un debate social
 
3)Investigación (30-60 min): Tese ou patentes desenvolvidas nas nosas facultades para demostrar á sociedade que a universidade transcende máis alá de simples clases.
 
4)Debates (2horas con varios profesores): Sobre temas nos que varios profesores ou directores vexan especial interese. Nós propoñemos que baixo este formato se fale non só de carreiras ou materias concretas, tamén das situación económica da universidade ou os institutos, da calidade educativa nos próximos anos ou de certas leis e recortes que afectan de pleno ao ensino.
 
Tamén che pedimos que intentes dar clases nas que non se necesiten pizarra ou proxectores ou que trates de encontrar ti o xeito de levar todo o que necesites xa que non temos presuposto para estas cousas.
 
Por último pedímosche que non poñas entregas nin parciais ese día que impidan aos teus alumnos acudir a outras clases na rúa. Anímate a vir e difunde entre os teus compañeiros esta mensaxe.
 
Mensaxe para os COLECTIVOS:
 
Pedímosvos principalmente difusión e se algún grupo estudantil se compromete a organizar algún dos encerros, estaremos encantados de colaborar convosco.
 
Necesitaremos axuda á hora de organizar as clases e controlar que todo saia ben nas distintas prazas. Somos relativamente poucos e non temos presuposto polo que nos viría ben que achegásedes megáfonos, pancartas e axudásedes coa cartelería. Entre varios colectivos non será un grande esforzo.
 
Buscamos unicamente que a acción saia ben e non temos ningún inconvinte en que repartades panfletos nin que os vosos logos aparezan na cartelería.
 
Esperamos que contactedes connosco nos próximos días e despois de semana santa propoñeremos unha reunión para organizarnos.
 
Por suposto, se estades interesados, vós tamén poderedes dar algunha charla ou ter algún representante nos debates
 
Mensaxe para os ALUMNOS:
 
Sodes a peza clave desta acción. Asegurádevos de que os profesores coñecen a nosa proposta para que non vos poñan entregas nin exames e pedídelles que contacten connosco. Se non o facedes isto non avanzará.
 
Por outro lado, tócavos a vós organizar os encerros nos vosos centros. É fácil pero hai que facelo con tempo. Falade coa dirección do voso centro e avisádenos para que poidamos axudarvos a difundir. Se tedes calquera dúbida contactade sen medo connosco (levamos 6 encerros no que vai curso)

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript