Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA PAGAS EXTRA
 

Pagas extra: ademáis do específico, o PP roubaralles aos traballadores/as da Xunta parte das retribucións básicas

O PP non só lle roubará, este ano, aos traballadores e traballadoras da Xunta o complemento específico, segundo o establecido na ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013, o recorte nas pagas será superior, pois contempla a diminución das retribucións básicas (soldo e trienios).

 

O desconto, con respecto a un mes normal,  vai desde 5,46 euros do grupo C2 ata 424,69 no grupo A1 no soldo, e desde 0,17 ata 16,34 euros por cada trienio, dependendo tamén do grupo de pertenza.
 
E iso que na campaña electoral o sr. Feijoo comprometérase en non tocar os soldos dos empregados e empregadas públicas galegas no ano 2013.
 
A qué esperas?. Hai que botalos!.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript