Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  A PRENSA SUBMISA
 

A imaxe dunha derrota

A imaxe do día é esta. Unha foto brutal que retrata a definitiva submisión do periodismo ao poder. Porque a primeira asistencia ao plasma de Rajoy podería xustificarse pola esperanza de que o presidente ausente se dignase dar a cara aínda que fose para saudar.

 

  • Noticias relacionadas

Hai demasiado tempo que o periodismo apenas se distingue das relacións públicas. Hai demasiado tempo que moitos medios se limitan a publicar o que sae dos equipos de propaganda do poder sen acudir a outras fontes.
 
Os medios critican a invisibilidade de Rajoy, denuncian a 'desaparición' do presidente do Goberno, pero corren a velo a través dunha pantalla de plasma. A iso chámaselle cinismo, o mesmo cinismo que chuspe a pantalla. Porque o máis criticable non é a pantalla, senón os medios que enviaron aos seus xornalistas a ver que saía dela.
 
O chamado 'cuarto poder' imprescindible para contrarrestar as maldades de todos os demais poderes, está igual de podre que o resto. O periodismo sen preguntas non é periodismo, é outra cousa. É mansedume, submisión, covardía, rendición. A foto de hoxe é indecente e obscena. É a imaxe dunha derrota definitiva.
 
El ventano
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript