Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  FORT APACHE - PIIGS
 

Quén son os porcos de Europa?

A crise económica está a golpear con maior intensidade a Europa, sometida a unha reestruturación política e económica emprendida polas súas elites que, ao mesmo tempo, tratan de redebuxala como un novo espazo competitivo nun momento de auxe de novas potencias emerxentes, como China ou A India.

 

  • Noticias relacionadas

  • Neste marco, a Unión necesita reconverter as súas economías e emprender novas divisións do traballo e a produción. E neste punto é onde ao sur do continente, os chamados PIIGS (Portugal, Irlanda, Italia e España) se levan a peor parte, pois sendo a zona máis afectada pola crise, agora se lle obriga a emprender plans de axuste ditados polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e as institucións europeas que antepoñen calquera necesidade do país ao pagamento da débeda, que se viu acrecentada pola asunción por parte do Estado dos débitos dos grandes bancos. Este mandato imposibilita tanto as políticas de crecemento coma o mantemento dos dereitos sociais e o Estado do benestar, o que produce ao mesmo tempo unha crise política.
     
    'Fort Apache' analizará o particular crise dos países do sur de Europa, as consecuencias da débeda e as políticas de austeridade, a evolución dos movementos de protesta e as alternativas posibles.

     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript