Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Permiso de lactación dun funcionario cuxa muller non traballa

Un traballador, funcionario da UDC, consegue da institución a aplicación do dereito ao goce do permiso de lactación dun funcionario varón cuxa muller non traballa. O permiso gózao, tamén, o colectivo de PAS laboral.

 

 

 

A solicitude  realízase en base a unha resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas  que dá a razón a un funcionario de prisións (A.M.R.S) no cárcere de Herrera de la Mancha, pai recente de xemelgos, ao que inicialmente se lle denegou o seu dereito ao permiso de lactación.
 
A Administración denegáralle o permiso ao considerar que o titular do dereito é a nai, salvo naqueles casos nos que a muller traballadora, de xeito expreso, lle ceda esta potestade ao pai. A asesoría xurídica do traballador (CSI-F) recorreu esta resolución por sexista e discriminatoria.
 
Tras as alegacións do sindicato, baseadas na xurisprudencia europea, Facenda reconsiderou a decisión, que senta precedentes. Dende este momento, na Función Pública desvincularase o permiso de lactación do feito biolóxico de dar o peito, entre outras cousas, porque hoxe en día a lactación natural pódese substituír por un biberón de leite artificial ou un sacaleites.
 
A sentenza atense, en realidade, ao Estatuto dos Traballadores. En outubro de 2010, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea concluíu que a lei española que só concedía o permiso de lactación ao pai se a nai e o pai traballan por conta allea era discriminatoria. En xaneiro do ano seguinte, o Goberno resolveu esta cuestión cunha modificación do Estatuto dos Traballadores.
 
Documentación:  Resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
 
Permiso de lactación tamén para eles

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript