Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC - FORO SOCIAL MUNDIAL
 

Viva o FSM!

O primeiro que te enche de alegría ao achegarte a esta festa antineoliberal que é un Foro Social Mundial en sentir como te mesturas por uns días cunha xente solidaria, xenerosa e optimista á que che vai custar moito esquecer cando volvas o teu país. Fai pouco máis de 10 anos sentín esa mesma alegría... e esa mesma tristura que vou sentir dentro duns días cando volva a Madrid.

 

  • Noticias relacionadas

Hai que recoñecer que Porto Alegre e Tunicia parécense moi pouco. E as súas xentes menos aínda. Pero non obstante, o ambiente e a actividade no FSM son sempre moi parecidos en todos eles, cos centenares de talleres onde elixir segundo as distintas áreas de interese de cada quen. Por iso, os Foros seguen sendo útiles aos activistas dos movementos sociais, porque lles permiten volver reencontrarse e desenvolver a necesaria coordinación e intercambio de experiencias nas mobilizacións que realiza cada organización.
 
A gran marcha inaugural coa que arrancan todos os Foros foi en Tunicia moi vistosa e festiva ao contar cunha gran presenza de poboación local, o que supuxo un indubidable alivio para os centos de tunesinos organizadores do evento, que temeron un escaso respaldo popular dunha cidadanía moi pendente da delicada situación política tunesina. É o que con indisimulada satisfacción me fixo notar Fathi Chamkhi, líder de ATTAC e do CADTM en Tunicia e actor destacado da revolución popular que derrocou a Ben Ali. Os miles de tunesinos que enchen a Avenida de Mohamed V son, díxome, ademais de sindicalistas, integrantes da Fronte Popular que lle está a disputar aos islamitas a orientación futura da revolución.
 
E xunto a eses miles de tunesinos protagonistas da chamada revolución árabe, alí estabamos a manifestar cóbado con cóbado outros miles de persoas vindas dos cinco continentes e integrados por activistas sociais de moi variadas gorriñas: ecoloxistas, pacifistas, feministas, propalestinos, prosaharauís, prodereitos humanos e un longo etc. E por suposto os meus amigos de ATTAC Europa, de ATTAC África, de ATTAC Arxentina, de ATTAC Xapón...
 
É verdade que os FSM xa non son o que foron (e que eu puiden coñecer por exemplo en Porto Alegre en 2003); nin teñen o mesmo protagonismo social nos procesos de articulación das respostas ao sistema. Pero tampouco o capitalismo é o mesmo xa que ao entrar nunha crise global como a actual fixo aflorar novos espazos de confrontación e de articulación. Pero a pesar de todo moi poucos dubidan de que os Foros seguen sendo profundamente útiles aos que pensamos que Outro Mundo É Posible.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript