Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECOLOXÍA
 

Un ano máis de inoperancia e desprezo ás Fragas do Eume

A finais do mes de marzo cumpriuse un ano do fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural das Fragas do Eume. As Fragas do Eume é a unhas das xoias medioambientais de Galicia, pois é o bosque de clima atlántico mellor conservado de todo Europa.

 

  • Noticias relacionadas

Nel atopase case a totalidade da fauna e da flora que existe en Galiza e incluso podemos atopar neste recuncho de difícil acceso especies case desaparecidas no resto do planeta. Mais o dito con anterioridade tan só serviu para que a Xunta de Galicia declarase este bosque como o Parque Natural das Fragas do Eume o 30 de Xullo de 1997. Declaración fortemente contestada polo propietarios das fincas ubicadas nas 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos da Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes ao limitarlles a explotación forestal sen contraprestación económica ou doutra índole.
 
Despois de máis de 15 anos da declaración do Parque Natural e dun incendio que chegou ao corazón da fraga desde a Plataforma para a Defensa das Fragas non podemos máis que indignarnos pola deixades absoluta coa que actuaron os distintos gobernos da Xunta de Galicia por non terse aprobado o PRUX (Plan Reitor de Usos e Xestión) do Parque.
 
A falla de previsións e a descoordinación na extinción do incendio por parte da Dirección do Parque e da Xunta de Galicia fixo que a indignación popular se reflectise en concentracións por toda Galiza que foron contestadas con boas palabras por parte dos responsables políticos pero que na práctica non chegaron máis aló pois o certo e que despois dun ano do incendio tan só se actuou timidamente e nas zonas visibles (entorno do mosteiro, estradas asfaltadas) coa colocación dalgunha barreira vexetal para evitar a erosión producida pola chuvia. No corazón da fraga xusto onde as ladeiras son máis empinadas non se fixo ningún tipo de actuación e polo tanto a erosión foi e é moi alta con frecuentes desprendementos durante todo este inverno. A vexetación que esta colonizando a zona queimada son principalmente eucaliptos e no mellor dos casos xestas, toxos e fentos que se van converter en combustible para futuros incendios. Unha inspección as zonas máis danadas deixan en evidencia que moitas árbores autóctonos, mesmo centenarias non van abrochar nesta primavera ou no mellor dos casos que sexa a súa derradeira primavera con vida por culpa de ter a codia morta en todo o seu perímetro. A deixades da administración no tocante a recuperación do parque e en traballar para evitar a continua eucaliptización do parque non existiu nin co anterior director do parque Luís Costa nin co actual Jorgue Vázquez e proba da absoluta insensibilidade que existe por parte dos distintos gobernos da Xunta e Goberno do Estado e o feito que no Real Decreto-lei 25/2012 se excluíse de xeito intencionado o Parque Natural das Fragas do Eume pois dito Real Decreto só prevé medidas de apoio as persoas e os bens afectados polos incendios ocorridos desde o 1 xuño de 2012. O mesmo Real Decreto mesmo ignora o incendio das Fragas do Eume pese a repercusión nos medios de comunicación de europeos.
 
http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/08/pdfs/BOE-A-2012-11409.pdf
 
“Desde primeros del mes de junio se han producido grandes incendios en distintos puntos de la geografía española que han calcinado miles de hectáreas y movilizado numerosos medios terrestres y aéreos para su extinción y para la puesta en marcha de las tareas de evacuación.”
 
“Se trata de incendios especialmente virulentos que se han cobrado la pérdida de varias vidas y cuya extensión y propagación resultan destacables.”
 
A actitude da Xunta de Galicia pero nomeadamente da consellería de Medio Rural e do Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non pode máis que provocar a nosa máis enérxica repulsa pois a súa deixedes, desprezo, falla de profesionalidade, insensibilidade, cariño ao propio, ignorancia, prepotencia conlevou que nin sequera intentasen que o Goberno do Estado incluíse o incendio das Fragas do Eume nas medidas do Real Decreto 25/2012 en base ao apartado 3 do artigo 1º.
 
“3. El Gobierno, mediante real decreto, podrá declarar, con delimitación de los  municipios y núcleos de población afectados, la aplicación de las medidas previstas en  este real decreto-ley a otros incendios y tormentas de características similares que hayan  acaecido o puedan acaecer, en cualquier Comunidad Autónoma, desde su entrada en  vigor hasta el 1 de noviembre de 2012.”
 
Tampouco podemos deixar de citar a actitude da Unión Europea que non é outra que non saber da existencia deste tesouro a nivel europeo e polo tanto permitir a súa desaparición paulatina. Este feito contrasta coa obsesión co cemento realizando e apoiando obras e infraestruturas moitas das veces duplicadas e/ou inútiles. A actitude desta superestrutura (Unión Europea), non só, no caso do incendio das Fragas do Eume, senón tamén nos continuos accidentes mariños ocorridos nas costas galegas sen que se teña tomado ningunha medida para prever e minimizar as consecuencias pode levarnos a pensar que a súa existencia atenta mesmo contra a seguridade vital dos galegos e galegas.
 
As Fragas do Eume seguen vivas e a sensibilidade popular para defende-las tamén segue viva e por estes dous motivos a Plataforma das Fragas do Eume vai por en marcha nos vindeiros días medidas para levar á primeira plana das redes sociais e dos medios de comunicación a existencia das súas marabillas e tesouros naturais xunto coa súa problemática e abandono.
 
http://www.facebook.com/notes/plataforma-defensa-fragas-do-eume/un-ano-m%C3%A1is-de-inoperancia-e-desprezo-%C3%A1s-fragas-do-eume/287088641425097
 
UN ANO MÁIS DE INOPERANCIA E DESPREZO”
 
PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript