Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  DISCRIMINACIÓN
 

A Deputación de Pontevedra exclúe nenos con discapacidade dos seus campamentos de verán

A Deputación Provincial de Pontevedra exclúe expresamente os nenos con discapacidade dos seus campamentos de verán, en cuxas bases se indica que non poden inscribirse nesas actividades os "menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias".

 

  • Noticias relacionadas

" Os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias, así como os nenos con doenzas e minusvalías que teñan contraindicada a súa asistencia ao campamento e ao desenvolvemento normal das actividades quedarán excluídos".
 
Con este texto, a Deputación de Pontevedra deixa fóra os menores con discapacidades dos campamentos que periodicamente organiza na cidade Príncipe Felipe e na praia da Lanzada.
 
A voceira municipal do BNG en Vigo, Iolanda Veloso, denunciou esta exclusión por ser "claramente discriminatoria, ademais de pouco ética e miserable".
 
Veloso esixiu a retirada inmediata destas bases e solicitou que se reserven unha porcentaxe de prazas non inferior ao 15% "para garantir a participación de nenos e nenas con discapacidades funcionais en todas as actividades financiadas con diñeiro público", que terán que contar cos apoios dos profesionais que se precisen.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript