Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  GOBERNO DIMISIÓN
 

Corrupción, a podremia do sistema

Está todo tan podre que cada día almorzamos cun escándalo novo. A situación é tan grave que, por exemplo, algo tan grave coma os papeis de Bárcenas están xa nun caixón tapados cos casos Pokemon, facturas falsas… (na nosa terra), ITV (Catalunya), ERE (Andalucía), Feijoo (compadreo con narco), Herdanza real gardada nun paraíso fiscal, caso Urdangarín e, agora, familia…

 

  • Noticias relacionadas

Esta voráxine no  destape da corrupción soterrada mostra claramente a fusión de intereses entre o poder político e o económico. Temos que ver a situación no seu conxunto, a proliferación de “casos illados”  non é mais que a demostración de que as bases do estado están corrompidas e o necesario é o cambio do sistema.
 
É imprescindible, para realmente mudar a situación, a formalización dunha alternativa anticapitalista que poña ao estado baixo o control da cidadanía, do 99% da poboación.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript