Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  A COVA DE ALI BABÁ
 

Os conselleiros de Novagalicia gañaron un millón de euros

É ben certo que vivimos unha situación na que abonda con coller calquera día un xornal para cualificala como esperpéntica.

 

  • Noticias relacionadas

 O luns os xornais reflectían unha noticia que mostra ás claras o nivel do saqueo a que se nos somete e, por riba, a mofa coa que se desenvolve o roubo organizado.
 
É insultante que os conselleiros dun banco que tivo que ser absorbido polo estado, debido precisamente á súa mala xestión, segan vivindo nunha nebulosa a salvo dos problemas que eles mesmos, entre outros moitos, crearon e que levaron ás entidades integradas no novo banco á situación de quebra que estamos a pagar entre todos/as.
 
É insultante que mentres que centos de miles de pequenos aforradores reclaman os cartos roubados con enganos (roubo realizado por persoas, das caixas de aforro naquel momento, que consideraban de confianza) haxa que saque un pingüe beneficio do delito cometido.
 
É insultante que mentres que á cidadanía se lle esixen sacrificios (paro, precariedade, eliminación dos servizos sociais…) para pagar a súa desfeita eles segan enriquecéndose a custa dese sacrificio.
 
É insultante, en definitiva, que mentres que aos traballadores da administración pública (administración que acode rauda ao rescate destes ladróns) se nos roube cada ano máis salario, se reduzan as nosas plantillas e se remate dun xeito sistemático cos servizos públicos, estes que, entre outros, “programaron” a situación, forrándose en época de bacas gordas, se sigan forrando, a base de roubarnos, neste momento.
 
Que devolvan o roubado e todos ao cárcere.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript