Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  O PP XA NON TEN CARETA
 

O presidente de Madrid pide a censura previa na prensa

Ao PP xa non lle queda careta democrática e amosa o seu verdadeiro pelexo, os herdeiros do franquismo son iso, disimúlano, intentan non parecelo pero cando as cousas se poñen difíciles, cando se senten acurralados, aparece con forza a súa verdadeira cara.

 

  • Noticias relacionadas

Como se senten acosados socialmente e perderon a capacidade de resposta democrática, os escraches son comparados con ETA ao grito de réndanse e entreguen os autocolantes, poñen a funcionar  a caverna mediática coa finalidade de desprestixiar o movemento. Teñen a batalla perdida.
 
Como non lles gustan as noticias que transcenden e que fan anacos a careta democrática coa que se disfrazan, a alternativa é retroceder cincuenta anos e instaurar, novamente, a censura. Neste camiño o  presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González asegurou nunha entrevista en esRadio que é partidario de establecer "límites" á hora das publicacións dos medios de comunicación porque hai que "coidar" o "dano" que se fai a persoas e institucións (refírese, claro, ás persoas do PP e ás institucións que rexe o seu partido, ao resto, como é evidente, non importa).
 
Cada día están máis illados e actúan máis violentamente. A cidadanía non os atura e dan os últimos coletazos impoñendo a represión e a desinformación, actitudes moi propias dos herdeiros de Franco.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript