Abril de 2013
 
 

08/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  SÓ PARA ALGUNHAS PARTIDAS ADMINISTRATIVAS
 

A Casa Real agora quere someterse parcialmente á Lei de Transparencia

O escándalo viña roldando o Palacio de la Zarzuela dende hai meses. Pero estes días chamou á súa porta con máis forza que nunca ao coñecerse a imputación da filla do Rei Cristina de Borbón. A Casa Real, tras apoiar os movementos da Fiscalía para librar a Infanta da queima, contactou ao Goberno para que lle bote outra man: agora si quere ser incluída na Lei de Transparencia aínda que, por suposto, só nalgunhas partidas. Que todo ten límites.

 

  • Noticias relacionadas

Non hai nada como unha imputación fresca para que se removan todos os freos, todos os inconvenientes, todos os pretextos como o de que ningunha outra casa reinante estaba sometida a leis similares. Tras a mazada destes días, a Casa Real púxose en marcha e, segundo recalcan con especial énfase as fontes que filtraron a noticia, "a iniciativa propia" contactaron co Goberno para mostrarlle o seu "desexo" de ser incluída na mal chamada Lei de Transparencia que prepara o Executivo de Mariano Rajoy.
 
Para rematar de redondear a xogada de mercadotecnia, as fontes citadas por varias axencias de noticias sinalan que estes contactos non son de agora senón que o ámbito do Rei levaría "dende hai máis de dous meses" pregando a Rajoy que lle permitise ser transparente e negociando "o alcance" desa apertura informativa. Non obstante, noutros medios políticos resáltase que aquí as 'fontes filtrantes se pasaron de freada, xa que non parece crible que o Goberno estivese especialmente empeñado en deixar fóra á Casa Real da Lei de Transparencia se ese fose realmente o seu desexo.
 
De todos os xeitos, o voluntarismo aclaratorio ten os seus límites e, ao igual que sucedese na anterior operación de imaxe emprendida pola Casa Real, coa publicación 'grosso modo' dos seus presupostos, sen grandes detalles, e a apertura dunha nova web na que xa figuraba castigado o 'xenro emprendedor” Iñaqui Urdangarin, as fontes citadas aclaran que só serán algunhas partidas orzamentarias as que se verían afectadas por esta hipotética suxeición á Lei de Transparencia. As conversacións, supostamente, seguen sobre este particular
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript