Abril de 2013
 
 

01/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

As traballadoras e traballadores de FIMO Ferrol levan sete meses sen cobrar

FIMO pertence á Cámara de Comercio e ao Concello de Ferrol. As traballadoras e traballadores solicitaran a principios do pasado outubro unha xuntanza co grupo de goberno do Concello ferrolano, pero esta non se levou a cabo pola falta de vontade política.

 

  • Noticias relacionadas

O Concello non fixo efectiva a aportación económica deste ano , pese a ostentar o 45% do conxunto de accionistas, fronte ao 55% que ten a Cámara de Comercio, que xa leva 2 anos sin aportar nin un euro.
 
Denuncian a privatización de feiras, que serían rentables para poder paliar a actual situación que padecen, pero parece que prefiren darlle as ganancias a empresarios amigos.
 
Ademais das débedas cos traballadores/as en activo, FIMO ten que facer fronte ás tres sentenzas xudiciais perdidas a favor de tres dos cinco despedidos da entidade.
 
Recollido de http://ferrolsuso.blogspot.com/


Publicado en Ártabra 21

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript