Abril de 2013
 
 

01/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  TAXAZO
 

Un avogado vigués entregará 170.000 sinaturas no Ministerio de Xustiza en contra do 'taxazo'

O avogado vigués e voceiro do colectivo Avogados Novos, Fabián Valero, entregará o próximo luns no rexistro do Ministerio de Xustiza, as 170.000 sinaturas que logrou reunir a través dunha plataforma on line para pedir que se derrogue a Lei de Taxas Xudiciais.

 

  • Noticias relacionadas

 

O pasado 5 de xaneiro, Valero puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas a través de change.org, en contra do coñecido como 'taxazo'. Nesta iniciativa, o avogado vigués advertía de que a lei consagra "unha xustiza para os ricos e outra para o resto dos cidadáns".
 
Así, denuncia a creación dunha "barreira económica" que privará millóns de cidadáns do acceso á xustiza, o que vulnera dereitos constitucionais.
 
Tamén alerta de que haberá "graves desigualdades" porque se coloca ao mesmo nivel aos "grandes consumidores da Xustiza, que utilizan esta con fins de lucro" e aos cidadáns medios que recorren á Xustiza "contadas veces" e para defender dereitos básicos e lexítimos.
 
Dende o inicio desta campaña, recolléronse máis de 170.000 sinaturas on line, que agora serán presentadas no Ministerio que dirixe Alberto Ruiz-Gallardón.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript