Abril de 2013
 
 

01/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  SENTEBZA DO TSXG
 

A Xunta non recorrerá a sentenza que anula os concertos cos centros que segregan por sexo

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, avanzou que o seu departamento "acatará" as sentenzas e, neste sentido, non recorrerá o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula os concertos cos centros que segregan por sexo, aínda así, como os concertos teñen un evidente carácter ideolóxico, buscarán xeitos alternativos para seguir coas subvencións.

 

  • Noticias relacionadas

 

Precisamente, no transcurso do pleno, o voceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG en materia educativa, Román Rodríguez, xustificou a existencia de centros que segregan por sexo, porque iso supón a posibilidade de "liberdade de elección" para os pais.
 
Apenas uns minutos antes, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o Goberno galego faría "o que formulase a asesoría xurídica e a consellería", e indicou que se non o permite a lexislación, "se renunciaría aos concertos". "Estase a estudar este asunto como o fixemos co decreto do plurilingüismo", expresou nunha clara alusión a que se hai algunha posibilidade seguirá aportándolles o diñeiro.
 
Na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta, que de forma excepcional se celebrou no Parlamento autonómico por coincidir co pleno, o mandatario autonómico explicou que esta cuestión "non é un problema de custo", xa que "cobran o mesmo diñeiro que outros".
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript