Número 181 - 01 de abril de 2013
 
 
UNIVERSIDADES

     Nestes días pasados ocorreu, unha vez máis, que os equipos reitorais das universidades, neste caso de Compostela e Vigo, quedaron co cu ao aire en dúas importantes convocatorias unha para aprobar as liñas xerais orzamentarias (USC), outro para aprobar a aplicación do decreto Wert que implicará a non renovación de contratos a PDI (UVigo).

O NOSO CORRALITO - CARTA DUNHA AFECTADA

    No estado español, e nomeadamente en Galicia, temos o noso propio "corralito"; que Chipre non nos impida ser conscientes da nosa propia realidade: enganóusenos e estafóusenos coa finalidade de embargar a maior parte dos nosos aforros; só que aquí somos uns chapuceiros e non sabemos nin mentir ben. Endosáronse estes "híbridos" a persoas que non sabían nada de inversións e iso sinala indicios de dolo, entre outras consideracións...

PENSIÓNS - 135 EUROS POR DEBAIXO DA MEDIA

    As pensións galegas --incluídas todas as do sistema-- aumentaron a súa contía un 3,5% en marzo, en relación ao mesmo mes do ano pasado, pero mantéñense como as máis baixas de España, cunha media de 717,05 euros, a 135 da media estatal, que alcanzou os 852,61 euros no terceiro mes do ano.

CUT

    A CUT asistiu a un Encontro Sindical Internacional que se celebrou en París do 22 ó 24 de marzo. A organización deste evento correu a cargo da central sindical do estado francés Solidaires. Ó mesmo asistiron máis de cincuenta sindicatos alternativos de Europa, América, Asia e África

TAXAZO

    O avogado vigués e voceiro do colectivo Avogados Novos, Fabián Valero, entregará o próximo luns no rexistro do Ministerio de Xustiza, as 170.000 sinaturas que logrou reunir a través dunha plataforma on line para pedir que se derrogue a Lei de Taxas Xudiciais.

SANIDADE PÚBLICA - 15M MONTE ALTO

    Comeza a Primavera e con ela afloraron un ramallete de noticias sanitarias en todo o estado que demostran que o Público entrou xa na UCI, e que só unha intervención enérxica por parte da cidadanía e un compromiso político con esta pode levar un halo de esperanza na súa recuperación.

OPINIÓN - @carnecrudaradio

    Perseguístenos a todos. Primeiro fostes a polos xubilados pero como vós tedes a xubilación asegurada, non vos importou facerlles dano. Despois fostes a polos enfermos, os discapacitados, os dependentes e como vós non tedes problemas de diñeiro, non vos importou cargar as familias cun peso que non poden soportar. Entón fostes a polos funcionarios, os médicos, os profesores. Fostes a pola nosa sanidade e a polos nosos colexios porque vós tedes os vosos asegurados. Protestamos e non vos importou enviarnos aos antidisturbios a que nos fixesen dano.

ESTUDO - ALFREDO 'AY_MENÓN'

    Se algo puxeron de manifesto os desafiuzamentos son os riscos da financiarización do acceso a un dereito, como é neste caso o da vivenda. Estamos a ver como o pagamento dunha débeda queda por enriba de dereitos básicos. O mesmo sucede cos mal chamados "rescates", nos que os países perden a soberanía e o que quedaba dos seus servizos públicos para que o ciclo do capital siga o seu curso. O mesmo proceso se vai introducindo na educación, e como todas estas grandes ideas, trae a etiqueta de "Made in USA".

OPINIÓN . Alejandro Inurrieta

    A UE chegou á conclusión que o volume total de débeda que acumulan moitos países membros non se poderá pagar. Curiosamente chegaron a esta conclusión, primeiro no caso de Grecia, e agora con Chipre, cuxo episodio será recordado nos anais do esperpento, froito da incompetencia política do Eurogrupo, conxunto de Ministros de Economía e Finanzas, cuxo pasado no sector financeiro lles fai ser reféns dos lobbys de acredores.

MADRID – SANIDADE PÚBLICA

    Traballadores e Usuarios da sanidade madrileña rexistraron preto de 413.381 firmas para expresar a súa oposición aos plans de externalizar a xestión de seis hospitais e 27 centros de saúde, que complementan as case un millón de firmas (911.786) que se entregaron o pasado 30 de novembro, segundo os datos da Plataforma Asemblearia de Traballadores e Usuarios pola Saúde (PATUSALUD).

OPINIÓN - Isaac Rosa

    O escrache é ilegal, é violento, e eu non querería que ninguén mo fixese a min na miña casa. Tres obviedades que non merecen que lles dediquemos nin un minuto, e con todo levamos varios días entrando ao trapo de quen queren levar o debate ao seu calello sen saída para tourearnos con facilidade.

    
  •   
 
 STOP DESAFIUZAMENTOS
    O Partido Popular eliminou o artigo referido á dación en pagamento da iniciativa popular lexislativa presentada pola plataforma antidesafiuzamentos, un dos tres puntos básicos que defende a PAH. Nos próximos meses, case 200.000 familias poderían quedar sen casa, segundo un informe da Asociación de Usuarios de Banca (Adicae).
 LABORAL
    FIMO pertence á Cámara de Comercio e ao Concello de Ferrol. As traballadoras e traballadores solicitaran a principios do pasado outubro unha xuntanza co grupo de goberno do Concello ferrolano, pero esta non se levou a cabo pola falta de vontade política.
 LABORAL - SECTOR NAVAL
    Miles de persoas secundaron dende as 17.00 horas deste mércores a "procesión" reivindicativa convocada polos traballadores de Navantia e de empresas auxiliares para reclamar carga de traballo para o sector e alertar da "crítica" situación en que se atopa ante a falta de ocupación que provocou a destrución 2.100 empregos no último ano e medio.
 LABORAL
    Unha concentración diante de Política Lingüística esixía esta semana poñerlle fin á precariedade laboral e á inseguridade administrativa, demandando a alta na seguridade social do colectivo e a profesionalización do sector.
 LABORAL
    A impugnación xudicial do ERE de Paradores pon de relevo que a lexislación laboral discrimina ás centrais minoritarias nas negociacións colectivas.
 SENTEBZA DO TSXG
    O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, avanzou que o seu departamento "acatará" as sentenzas e, neste sentido, non recorrerá o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula os concertos cos centros que segregan por sexo, aínda así, como os concertos teñen un evidente carácter ideolóxico, buscarán xeitos alternativos para seguir coas subvencións.
 UN OUTRO MUNDO NON SÓ É POSÍBEL SENÓN QUE É NECESARIO
    Rematou o Foro Social Mundial en Tunez. O FSM, xunto ao movemento 15M, é o encontro mundial que inspira ao movimento social desta comarca que tece a Rede Social de Ferrol Terra, cos seus tres alicerces básicos: o Encontro Social, o Foro Social e a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
 ANDALUCÍA - CASO DOS ERE
    A xuíz que investiga os ERE fraudulentos acusa ao ex sindicalista Juan Lanzas, encarcerado o venres, de ter incluído como intrusos a 24 persoas que nunca traballaron nas empresas, entre elas el mesmo, as esposas de 4 sindicalistas cos que negociaba, a súa propia muller e 2 cuñados.
 LINGUA - Valentina Formoso
    Viven nunha urbanización preto dunha cidade. Teñen unha pequena que está a piques de cumprir 3 anos. Está rematando marzo e nuns días cómpre botar os papeis para escolarizar a Xiana, que non se chama Julia, nin Jen(n)ifer, nin Martina. Xiana.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    PREFERENTES

     
      CHIPRE

       
        MAPA DA CORRUPCIÓN

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript