Abril de 2013
 
 

01/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

A historia repetirase

Nestes días pasados ocorreu, unha vez máis, que os equipos reitorais das universidades, neste caso de Compostela e Vigo, quedaron co cu ao aire en dúas importantes convocatorias unha para aprobar as liñas xerais orzamentarias (USC), outro para aprobar a aplicación do decreto Wert que implicará a non renovación de contratos a PDI (UVigo).

 

  • Noticias relacionadas

Unha situación semellante viviuse na UDC con anterioridade cando pelexabamos, aló polo 2009-2010-2011.. por unha RPT de PAS laboral que, esencialmente, rematase coas ETT na Universidade e consolidase a profesionalización da xestión.
 
O Caso da Universidade Compostelá é unha manifestación clara de querer manterse no cargo por riba de calquera circunstancia.  O razoamento é simple, “elixíronme para un período de catro anos e cumprirei até o final, pase o que pase, o mandato”. Non importa nesta reflexión que a comunidade universitaria lle dea as costas de xeito habitual á práctica totalidade das decisións que toma e, nomeadamente,  por dous anos consecutivos ao proxecto de orzamentos, elemento básico no desenvolvemento da institución, este ano porque a comunidade universitaria non está disposta a acatar unhas contas que contemplan o recorte aprobado polo PP nos orzamentos autonómicos que, á súa vez, incumpren o Plan de Financiamento e requírenlle ao equipo reitoral que recorra xudicialmente a decisión de diminuír a asignación ás universidades públicas,  o reitor xa anunciou que non o fará e pese ao rexeitamento da súa proposta, o até agora reitor seguirá á fronte da universidade, iso si, cada día máis illado.
 
O acontecido na Universidade de Vigo é unha demostración de como se traspasa ao microcosmos universitario os mesmos comportamentos que na esfera política, os cidadáns (no noso caso os membros da comunidade universitaria) deixan de selo para se converter en vasalos, os compromisos deixan de ter consistencia para se “amoldar” ás circunstancias a sabendas que prexudicarán directamente aos sectores que  apoiaron ao respectivo candidato. O equipo de goberno no canto de capitanear o descontento convértese nun mero órgano que aplica obedientemente os ditames de entidades superiores aínda que para elo se teña que valer dun nutrido número de “forzas de orde” que impiden a expresión do descontento e evidencian a separación existente entre o que crea a normativa e o que a vai sufrir.
 
A historia repetirase. En política e na esfera da universidade este comportamento leva implícito a desafección do electorado, pagouno o bipartito nas eleccións autonómicas e nas locais da Coruña, estao a pagar o PSOE a nivel estatal, pagouno o sr. Armesto no colectivo de PAS na nosa universidade e pagarao o sr. Tano na de Vigo. O reitor da Universidade de Compostela xa é un morto vivente.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript