Abril de 2013
 
 

01/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - @carnecrudaradio
 

Escrache

Perseguístenos a todos. Primeiro fostes a polos xubilados pero como vós tedes a xubilación asegurada, non vos importou facerlles dano. Despois fostes a polos enfermos, os discapacitados, os dependentes e como vós non tedes problemas de diñeiro, non vos importou cargar as familias cun peso que non poden soportar. Entón fostes a polos funcionarios, os médicos, os profesores. Fostes a pola nosa sanidade e a polos nosos colexios porque vós tedes os vosos asegurados. Protestamos e non vos importou enviarnos aos antidisturbios a que nos fixesen dano.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non vos importou que houbese millóns de parados e fostes tamén a por eles. Quitásteslles un anaco do pouco que lles queda e berrácheslles que se fodan en metade do Parlamento. E empezastes a fodernos a todos os demais, á cultura, aos mineiros, a todos os contribuíntes. Fostes a por todos nós e non vos importou facernos dano para non llelo facer aos vosos. Os bancos viñeron a por nós e vós quitástesnos os catro cartos que nos deixaran nos petos. Eles roubábannos, vós faciades negocio co noso diñeiro. Volvemos protestar e virástesnos as costas de novo.
 
Non queriades ver como a xente saltaba polas ventás ou se colgaba do pescozo. Os bancos que nos puxeran a soga ían a polos que menos tiñan e deixástelos facer. Deixastes que se aproveitasen coas preferentes dos máis indefensos e vulnerables e xamais perseguíchedes aos estafadores. Deixastes que algúns se quitasen a vida angustiados polo seu desafiuzamento. Empurrástelos ao baleiro sen mover un só dedo e permitistes que pelotóns de policía seguisen sacando a xente das súas casas a empuxóns. Poderiades telo evitado pero seguiades mirando para outro lado.
 
Os xuíces españois e o tribunal europeo decretaron que as hipotecas españolas son ilegais e abusivas e a ningún dos dous lles fixestes caso. Miles de persoas na rúa e un millón e medio coa súa firma, pedíronvos parar esta sangría e tratastes de escaparvos deles. Déstesnos unhas medidas insuficientes que non serviron para nada e agora volvédesnos ofrecer un simulacro de solución en diferido. Pedímosvos pan e dádenos faragullas. Pedímosvos axuda e dádesnos antidisturbios. Pedímosvos que nos botedes unha man e botádenola ao pescozo.
 
Agora van a por vós e reclamades que vos amparemos pero xa non queda case ninguén de nós que lamente o que vos está a pasar. Tócavos sentir o que senten os perseguidos. Agora pedídesnos a xustiza que vós nos negastes. Invocades a democracia que destruístes e o respecto que non nos tedes. Esixides que se respecten os dereitos que non respectastes. Chamades terroristas aos que vos perseguen pero sodes vós os que os aterrorizastes. Chamádesnos golpistas mentres nos moedes a golpes. Hai que ser moi miserable para chamar acosador ao acosado.
 
Seguide así. Seguide virando as costas á realidade, seguide chamándonos criminais en lugar de cidadáns. Seguide aumentando a pobreza, a desigualdade e o paro. Seguide deixando que á xente a estafen, a boten á rúa e os ladróns anden soltos. Seguide facendo un escrache masivo á poboación e acabaredes sufrindo un escrache masivo e violento. Non é unha ameaza, é unha advertencia do que, desgraciadamente, podería pasar.
 
Agora só van a por vós pero mañá irán a pola vosa seguridade, a seguridade que lles negastes, e a polos vosos privilexios, a polo diñeiro que lles quitastes, os coches nos que fuxides de nós, as casas que tedes e que eles perderon, o benestar que lles arrebatastes. Quererán inflixirvos a mesma dor que lles causastes. E a ninguén lle importará se vos fan dano porque o dano que nos fixestes teranos anestesiado a todos. Serán tan violentos como o fostes vós. Saltaranse tantas leis como vós violastes. Serán perigosos porque están desesperados. E serán incontrolables porque non terán nada que perder.
 
Vós estádesllo a quitar todo. Vós sodes os responsables do que vos pase. Merecédelo. Vós non sodes as vítimas, sodes os culpables, sodes a causa dos escraches que estades a padecer. Vós sodes o escrache deste país. Fixésteslle un escrache a esta democracia ata obrigala a fuxir por patas. Fixéstesnos escraches cada vez que nos reuniamos nas prazas e nas rúas. Fixésteslles decenas, centos de escraches aos cidadáns a golpe de porra, recorte, insulto e decretazo.
 
Sodes vós os que permitides o acoso aos cidadáns dunha banca miserable que impón unha lei inxusta. Sodes vós os que deixades que miles de familias sexan humilladas diante dos seus veciños, que as súas casas sexan sinaladas cunha cruz de "desafiuzado" na porta, que queden marcados como parias e excluídos, que anciáns, nenos, enfermos e xente sen recursos estean a sufrir a derrota, a violencia policial e a vergoña pública. Sodes vós os que levades máis de catro anos facéndonos un escrache tras outro, os que levades anos fuxindo dos que agora vos perseguen, os que estades a empurrar a miles de persoas por un barranco polo que vos acabarán arrastrando, os que estades a provocar unha pobreza, un odio e un desespero que pode acabar estalando.
 
Se deixades que iso aconteza, recordaredes o último verso do poema de Niemöller: "Cando viñeron a buscarme, non había ninguén máis que puidese protestar". Ninguén protestará porque vos estaremos a perseguir todos.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript