Número 180 - 25 de marzo de 2013
 
 
UNIVERSIDADE

     O día 21 realizáronse as reunións do Consello de Goberno e Consello Social. Do Consello de Goberno non transcendeu nada de especial importancia para o PAS. O Consello Social procedeu a informar favorablemente a proposta de RPT, un trámite importante no camiño para facela efectiva.

UNIVERSIDADES GALEGAS

    As universidades públicas galegas mobilízanse en contra dos recortes decretados desde a Xunta de Galicia e dos que se derivarán do “decreto Wert”.

OS RECORTES AFÉCTANNOS CADA DÍA MÁIS

    Feijoo comprometeuse a que ningún doente permanecería sen ser operado máis de dous meses, agora quere facer efectivo o compromiso mediante a derivación de pacientes á sanidade privada, iso si recaendo nos petos dos pacientes que poidan adiantar o diñeiro que custa a súa atención. Os que non posúan recursos económicos estarán na lista até os atendan, é dicir, indefinidamente.

ESTAFA DAS PREFERENTES

    Confírmase que o O de "ordenada" no FROB significa que foi mandada, nada que ver con organizar ou clasificar. A Comisión Reitora do FROB está formada maioritariamente por membros nomeados polo goberno (directores xerais, secretarios e subsecretarios xerais postos por De Guindos) e hoxe comunicou oficialmente que a quita media dos afectados pola estafa das preferentes de NovaCaixaGalicia vai ser do 43%.

MALESTAR SOCIAL

    A axenda do malestar social suma e segue. Día tras día, hai máis persoas afectadas por unha crise que parece non ter fin e unhas políticas de austeridade que minguan dereitos e salarios.

UN ESTADO DE CORRUPTOS

    Despois de enterarnos do que roubaron en Caixa Galicia-Caixa Nova, soubemos que iso non foi un caso illado. Os directivos que o PP colocou en Caixa Madrid repartíronse 71 millóns en 3 anos. Esta semana tamén se publicou que a garda civil acusa aos implicados no caso dos ERE en Andalucía roubaron máis de 50 millóns dos cartos de todos/as.

OPINIÓN - SANTIAGO NIÑO BECERRA

    O Catedrático de Estrutura Económica da Universidade Ramón Llull, Santiago Niño Becerra expuxo unha vez máis as súas previsións de futuro sobre a economía española. O experto cre que a crise actual rematará entre o 2020 e o 2023, e que en España volveremos ás cifras de PIB de 2001, pero iso si, "con estándares de vida dos anos 80".

PROPIEDADE INTELECTUAL

    Aprobada unha nova reforma da lexislación sobre propiedade intelectual, que endurece os contidos introducidos pola Lei Sinde

OPINIÓN . JUAN TORRES LÓPEZ

    A maioría da xente quedouse moi sorprendida cando se deu a coñecer que a Troika (a Comisión Europa, o Banco Central Europeo e o FMI) acaba de dar un préstamo a Chipre a condición, ademais de privatizar servizos públicos e recortar gastos, de establecer un imposto sobre os depósitos bancarios do 9,9% (coma se as oferta dun supermercado tratásese) para os de máis de 100.000 euros e do 6,75% para os de menos

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA (PAH)

    O libro que nos revela a grande estafa inmobiliaria española O dereito á vivenda foi sistematicamente vulnerado: de difícil acceso, malia ser un dereito fundamental, agora mesmo ten en xaque a centenares de miles de familias que reclaman un sistema hipotecario máis xusto.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Durante anos asináronse en España millóns de hipotecas abusivas, cheas de cláusulas chan, intereses de demora, execucións sen amparo xudicial, poxas a favor do banco, obrigas arbitrarias.

    
  •   
 
 XUNTA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    No DOG 20/03/2013 publícanse a Resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzasas.
     
    Sinálase que “Co fin de unificar os criterios de actuación dos distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma competentes para a concesión de vacacións, permisos e licenzas ao persoal dependente deles, estímase necesario ditar unhas instrucións que faciliten a súa aplicación práctica particularmente nalgún dos supostos previstos na normativa reguladora desta materia, garantindo o dereito recollido no artigo 14.m) da Lei 7/2007, do 12 de abril”.
 ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
    No BOE de 23/03/2013 publícase o Real Decreto 218/2013, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2013. Sinalar que non houbo acordo coas centrais sindicais que estaban negociando.
 REFORMA UNIVERSITARIA
    O "comité de expertos" para a universidade pública pretende afondar nas políticas mercantilizadoras das reformas precedentes.
 PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPORTECA (PAH) - STOP DESAFIUZAMENTOS
    A primavera estreouse con tres novos escraches da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. O primeiro agraciado foi Esteban González Pons, en Valencia. O segundo premio correspondeu a Alberto Ruiz Gallardón, en Madrid. E ao finalizar a tarde do equinocio chegoulle a quenda a Iñaki Oyarzábal. Os tres exemplares son da banda do Partido Popular.
 DESIGUALDADE E DEREITOS SOCIAIS
    O estudo elaborado pola Fundación "Fomento de Estudos Sociais e Socioloxía Aplicada da sociedade caritativa Cáritas de España baixo o título "Desigualdade e dereitos sociais Análise e perspectivas" así o pon de manifesto. "O estudo salienta o incremento significativo da pobreza, fálanos de persoas que están máis alá da fronteira da dignidade"
 DESEMPREGO - ÚLTIMA REFORMA
    O 20% dos potenciais beneficiarios do subsidio por desemprego para maiores de 55 anos quedarán fóra da prestación porque non reunirán as condicións de acceso esixibles tras os cambios introducidos nesta prestación, consistentes en que se terán en conta os ingresos de toda a unidade familiar e non só os do perceptor.
 ATTAC - Antonio Aramayona
    Por enriba da lei están os dereitos humanos e a conciencia persoal como instancia ética suprema
 ALÍ BABÁ INVESTIGADA
    As autoridades francesas rexistraron o apartamento en París da directora do Fondo Monetario Internacional (FMI), Christine Lagarde, no marco da investigación en relación co empresario Bernard Tapie, segundo informou o avogado da tamén exministra de Economía francesa.
 LINGUA - Mercedes Queixas
    Nos últimos días non deixamos de ler titulares e escoitar voces -isto último mesmo nos podería pór a pensar sobre a propia cordura!- que predican -debe ser por causa da influencia do discurso televisivo destes novos tempos papais- a consecución dun clima de normalidade lingüística na sociedade galega.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    HAI QUE PARALOS

     
      ECONOMÍA FÁCIL

       
        BOTÍN URXE A "REFORMA" DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA REDUCIR O DÉFICIT - ES DOS QUE PENSA COMO EL?

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript