Número 178 - 11 de marzo de 2013
 
 
UNIVERSIDADES

     Información da reunión realizada o martes, día 5, entre as Xerencias das tres Universidades e a Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda.

UNIVERSIDADES

     O día 14 de marzo as organizacións estudantís con presenza nas universidades públicas de Galiza únense á xornada estatal en defensa da educación pública e convocan  concentracións nas universidades públicas galegas que nós tamén apoiamos pois coincidimos coas medidas de resposta.

UNIVERSIDADE

    O luns, 4 de Marzo, ás 12:30h, a presidenta do parlamento galego, Pilar Rojo Noguera, “inaugurarou” unha exposición na planta 0 da Escola de Arquitectura da Coruña.
    A presidenta tivo unha acollida acorde coa política de recortes que impón e coa situación de corrupción política da súa organización.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    Un xulgado da Coruña abriu dilixencias procesuais contra tres das persoas que impediron o desafiuzamento de Aurelia Rey por unha falta de desobediencia leve á utilidade por impedir o paso de vehículos policiais e de bombeiros.

OPINIÓN - Enrique Rivas, portavoz plataforma dependencia CLM

    Señora Ministra de Sanidade e Asuntos Sociais, diríxome a vostede nun momento no cal a contención sobre o meu vocabulario, por respecto á súa persoa, está a ser toda unha proeza, porque, sinceramente, despois de ver as súas declaracións me ferve o sangue.

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

    Fondos públicos millonarios destinados a grandes obras e infraestructuras de transporte sen apenas rentabilidade social. Unha tónica denunciada durante anos por Ecoloxistas en Acción.

NON É COÑA

    A Xunta Xeral de Augas de Mataró reúnese hoxe xoves en sesión extraordinaria para abordar a destitución do actual presidente da compañía, Javier de Doria.

CONTRA A HOMOFOBIA

    O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, afirmou que o matrimonio entre homosexuais non garante a pervivencia da especie, polo que non debería ter os mesmos dereitos que o matrimonio entre persoas de distinto sexo, que el chama "matrimonio natural". O primeiro militar gay español que se casou respondeulle nun artigo.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA

    A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) comezou o xoves a segunda fase da súa campaña de sinalización deputados que se opoñen á ILP contra os desafiuzamentos, que foi admitida a trámite no Congreso, coa dación en pagamento, a paralización temporal dos desaloxos e a creación de parques de vivendas de aluguer social como puntos centrais.

UNIVERSIDADES ANDALUZAS

    As universidades de Andalucía, comunidade na que por certo gobernan en coalición IU e o PSOE, aplicarán un desconto do 5% nas retribucións periódicas íntegras anuais de PDI e PAS.

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    Todo este fango sobre a «liquidación fraccionada», a «indemnización en diferido» e o salario «simulado» que rodea o despedimento de Luis Bárcenas resúmese rápido. O Partido Popular mentiu e segue mentindo por non admitir que nos enganou.

    
  •   
 
 CRISE
    Nesta semana pasada sacodéronnos, de novo, as noticias de dúas mortes, un home de 50 anos decidiu poñer fin á súa vida en Bilbao minutos antes de que se fixese efectivo o desafiuzamento da súa vivenda.
    A outra morte cóllenos máis preto. Unha muller faleceu pola noite mentres esperaba dende primeiras horas da tarde, a ser atendida no servizo de urxencias do hospital Xeral de Vigo, saturado dende o pasado luns por un incremento dos ingresos e a diminución de persoal. Dúas mortes máis, non sabemos cantas van xa grazas ás medidas de "austeridade”.
 UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE MADRID - O CONSELLO DE GOBERNO APROBA O DESPEDIMENTO DE 301 PAS
    Máis dunha vintena de leiteiras da Policía asediaron hoxe a Universidade Politécnica de Madrid (UPM) ante as novas protestas dos traballadores e estudantes, que acudiron ao reitorado para denunciar os recortes da dirección. Precisamente, o sábado día 9 o Consello de Goberno decidirá se se despide ou non a 301 traballadores de administración e servizos.
 REFORMA LABORAL
    A ministra de Emprego repite como un mantra que a reforma laboral permite ás empresas axustarse ás situacións económicas adversas acudindo á flexibilidade interna para que "o despedimento sexa o último recurso". Mente a sabendas, no primeiro ano de vixencia é o despedimento o principal instrumento co que as compañías incrementan a competitividade.
 OPINIÓN - Santiago Lago Penas
    Existen demasiados empregados públicos en España? A resposta a esta pregunta debe partir da comparación con outros países do noso ámbito. En España finalizamos 2012 cun emprego público equivalente ao 12,7% da poboación activa; e baixando en picado, froito dos procesos de axuste en municipios e Administracións autonómicas.
 EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA DE GALICIA
    O sistema sanitario público en España está organizado en dous niveis asistenciais: Atención Primaria (AP) e Atención Hospitalaria (AH). Nas últimas tres décadas a Atención Primaria experimentou unha mellora notable, seguindo as estratexias da OMS para transformar este nivel de atención, coa creación da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria e das Escolas Universitarias de Enfermaría con novos contidos formativos, a regulación normativa (RD 137/84) que promoveu a creación de Centros de Saúde coa incorporación de equipos multidisciplinarios e coa mellora da dotación tecnolóxica. Todos estes elementos situaron a AP como un dos piares básicos do sistema sanitario.
 ECOLOXÍA
    A industria defende que é a salvación fronte a un futuro enerxético incerto, un método revolucionario que facilitará a recuperación económica. Para entidades sociais e ecoloxistas non é máis que un intento á desesperada de manter un modelo obsoleto e un enorme risco para o medio e a saúde pública.
 LINGUA - Rosalía non a admitiría na súa casa
    Como xa era sabido –e agora confirmado coa publicación da biografía de Murguía por X. R. Barreiro (Galaxia, 2012)–, Rosalía de Castro escribiu en 1863 os seus Cantares Gallegos para promover a recuperación da lingua galega, non por ansia de gloria persoal, senón «para cantar as belezas da nosa terra naquel dialecto suave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e fermosura», como ela mesma escribía no prólogo desta obra.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    O PAPA XA SABE A QUE SE VAI DEDICAR

     
      PLACA

       
        PSOE?

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript