Número 177 - 04 de marzo de 2013
 
 
UNIVERSIDADE - CONTRA OS ORZAMENTOS DO PP!!

     Nestes pasados días, nomeadamente os días 25 e 26, as universidades públicas de Galicia  manifestamos o noso claro rexeitamento aos novos recortes orzamentarios que sen dúbida repercutirán moi negativamente, tanto no servizo que ofrecemos á cidadanía como aos nosos dereitos laborais, económicos e sociais (como traballadoras e traballadores que somos temos, tamén, a obriga e o dereito a reivindicalos e defendelos).

10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA EN PÉ!

     Ano 72 do século XX, 10 de marzo, venres, ditadura fascista golpeando de pleno, crise do capital (unha máis), comezo do pensamento neoliberal, a policía (sempre do poder, sempre contra nós) dispara as súas armas contra o pobo traballador, e nel estaban Daniel e Amador, entre el foron mortos.

UNIVERSIDADE

    O día 28/02/2013 o Consello de Goberno aprobou a RPT do PAS da Universidade, previamente, ese mesmo día, a Xunta informara favorablemente a súa viabilidade económica. Non hai, de momento, pronunciamento ao respecto do proxecto de funcionarización.

POR ANTICONSTITUCIONAL

    Segundo publican os medios de comunicación, a Sala do Social da Audiencia Nacional ve un posible ataque á Constitución na retirada da paga extra aos traballadores laborais do sector público. Considera que a crise económica non é xustificación para eliminar esta paga extra con carácter retroactivo, tal e como aprobou o Executivo.

USC - ATAQUE ÁS HUMANIDADES

    Uns 200 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, convocados por Comités e Liga, concentráronse este mércores para protestar polo decreto da Xunta que establece un número mínimo de alumnos para manter un grao.

PAGAREMOS POR TRABALLAR

    Os empresarios sóltanse a lingua de novo, o Círculo de Empresarios avogou por substituír o Servizo de Emprego Público Estatal (antigo INEM) pola iniciativa privada, "porque esta fai moito mellor esta función", segundo a súa filosofía todo o susceptible de ser negocio debe estar en mans privadas para que alguén se faga rico aínda que sexa a costa das necesidades esenciais da cidadanía.

REFORMA LABORAL

    Lemos todos os días na prensa que a reforma laboral non cumpriu cos obxectivos para os que foi posta en marcha. É unha evidencia que se equivocan os/as que chegan a esa conclusión.

LIMPEZA HOSPITALARIA

    O persoal da empresa Clece, que realiza a limpeza dos hospitais públicos de Santiago, mantén a súa segunda xornada de folga, e dende as 11.00 protestou cunha concentración ante a sede da Xunta, en San Caetano.

PARO

    En concreto, a taxa de paro no estado elevouse, ao igual que a da eurozona, nunha décima, ata o 26,2%, co que elimina o descenso de 0,1 puntos porcentuais rexistrado en decembro de 2012.

BARCELONA - UNIVERSIDADE

    Miles de estudantes de universidade manifestáronse este xoves en Barcelona malia a chuvia, na protesta central da xornada de folga de 24 horas convocada pola Plataforma Unitaria en defensa da Universidade Pública (PUDUP).

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Un dos argumentos máis frouxos contra Bárcenas é ese tan repetido de que non é posible amasar unha fortuna de ata 30 millóns en poucos anos. Espero que a Xustiza encontre evidencias máis sólidas que esa, porque se a proba da súa actividade delituosa fose un enriquecemento súbito, eu sería o primeiro en poñer a man no lume por el.

    
  •   
 
 ORZAMENTOS
    Cada día que pasa o PP precisa unhas vallas máis altas, máis policía, máis represión para conter a marea cidadá que responde diante das políticas que nos impón.
 A AUSTERIDADE PARA TÍ
    Diante do deterioro da imaxe, o PP reforza a súa presenza nos medios de comunicación. Cando a práctica totalidade das partidas teñen o seu correspondente recorte os convenios coa prensa galega seguen sendo prioritarios e manteñen as súas contías.
 PÉCHASE O CÍRCULO DA PRECARIEDADE
    A regulación dos incentivos para o contrato a tempo parcial con vinculación formativa, o nome técnico dos coñecidos como minijobs, será un poderoso estímulo para que as empresas substitúan os seus actuais e máis custosas plantillas de traballadores a tempo completo por mozos e máis baratos empregados a tempo parcial.
 INTERNACIONAL
    O Goberno irlandés presentou unha proposta de reforma do marco salarial para os funcionarios do país de cara aos tres próximos anos no que se contempla o recorte de entre o 5,5% e o 10% dos soldos públicos máis altos, así como a ampliación da xornada laboral, segundo indicou o ministro irlandés de Gasto Público e Reforma, o laborista Brendan Howlin.
 PENSIÓNS
    Segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social a pensión media galega situouse en febreiro de 2013 nos 715,69 euros, o 84,1 por cento dos 851,20 euros da pensión media estatal.
 FERROL - ASEMBLEA CIDADÁ ABERTA
    Na ultima xuntanza da Asemblea Cidadá Aberta contra o trazado sur do tren a Caneliñas, acordouse a celebración dunha Concentración contra o recheo da Malata!
 LINGUA
    Os 90.000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen desde hoxe acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    CABRONAZO

     
      MEU TESOURO

       
        NON SE DECATABA DE NADA, COMO MINISTRA TAMPOUCO

         
          A MAFIA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript