Número 176 - 25 de febreiro de 2013
 
 
UNIVERSIDADE

     O día 28/02/2013 o Consello de Goberno aprobou a RPT do PAS da Universidade, previamente, ese mesmo día, a Xunta informara favorablemente a súa viabilidade económica. Non hai, de momento, pronunciamento ao respecto do proxecto de funcionarización.

A LEI DE ORZAMENTOS E A UNIVERSIDADE (Mentiras e verdades). Análise enviada polos compañeiros/as de Compostela. Preme para ver o PowerPoint
UNIVERSIDADE - CONTRA OS ORZAMENTOS DO PP!!

     Como xa vos informamos por diversos medios, incluída a visita persoal aos centros de traballo, o día 26 coincidindo coa aprobación dos Orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2013 nos que se contempla a redución duns 21 millóns de euros para as universidades galegas, convocouse un paro de 4 horas (de 13h. a 17h.) para facer patente o noso rexeitamento a unha nova agresión tanto á universidade pública como aos nosos intereses económicos sociais e laborais.

UNIVERSIDADE

    A CUT remitiulle, o venres pasado, ao xerente o certificado emitido pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar no que se aclara a composición actual do Comité de Empresa.

FUNCIONARIOS DE CLASES PASIVAS

    O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas devolverá en abril o descontado irregularmente en decembro aos funcionarios de clases pasivas por unha paga extra que non cobraron.

CRISE

    Os que nos impoñen a “austeridade” que se traduce en paro, precariedade laboral, rebaixa xeneralizada nos salarios…, non teñen ningún pudor en subirse os seus emolumentos, así o ensobrado presidente do estado subiuse até un 30% o soldo en pleno estalido da crise. Non é o único, Merkel o Führer do neoliberalismo incrementouno nun 5,7% para este ano, 2013, e o ínclito Mario Draghi, presidente do BCE un 8,3% dende 2007, neste caso a austeridade ben entendida comeza pola cidadanía.

A CULTURA TAMÉN SE MOVE

    Unha nova convocatoria na rotonda do Multiusos de Sar en Compostela na tarde do xoves 21 (ás 18.00 horas) deulle necesarias notas de cor reivindicativa á xornada de entrega dos Premios da Cultura Galega no Gaiás. Con esta concentración aberta a Plataforma das Artes Escénicas esixe "o dereito ao traballo no sector e un dereito moito máis amplo ao acceso á cultura de toda a cidadanía".

ÉXITO DA FOLGA NA XUSTIZA

    Sen entrar na guerra de cifras a folga na xustiza tivo o seu primeiro éxito, Gallardón modifica, unha vez máis, as taxas xudiciais, neste caso, anunciou que rebaixará ata un 80% as taxas variables aplicadas aos preitos, eliminará as tarifas en casos de desafiuzamentos de vivendas habituais e na execución de laudos arbitrais de consumo, e reducirá as tarifas en procesos por multas de tráfico.

OPINIÓN - Arcadi Olivares

    Entrevista publicada en El Diario a Arcadi Oliveres (Barcelona, 1945), profesor de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona e presidente da ONG Justícia i Pau, que defende e promove os dereitos humanos e a paz.

ESTES AO SEU

    "A ningún Goberno lle gusta tomar este tipo de medidas tan extraordinarias como a da amnistía fiscal, ao igual que non me gustou a política tributaria deste ano e por iso pedín perdón á cidadanía", asegurou Montoro na súa comparecencia no pleno do Senado. A letanía é a mesma que a do presidente Rajoy, a cidadanía a democracia, a equidade… son danos colaterais, non se día que a quen benefician estas políticas é aos corruptos, aos poderosos e aos que nos meteron neste furado económico.

GRECIA - NOVA FOLGA XERAL

    Grecia viviu este mércores unha xordana de folga xeral, a primeira deste 2013, contra os duros axustes aprobados polo Goberno nacional a cambio das multimillonarias axudas da Unión Europea (UE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI).

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Nin como espectáculo funciona xa o sistema político español. E era o menos que podiamos pedilo a estas alturas para xustificar a súa continuidade agónica: que polo menos entreteña, xa que non serve para outra cousa. Pero nada: o debate sobre o estado da nación, que outros anos polo menos daba para unhas risas e apupos, este ano foi un coñazo.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Na orde do día da reunión contémplase a aprobación da RPT de PAS. Tamén parece como punto importante o da elaboración do Plan Estratéxico 2013-2020, no borrador de documento presentado recóllese, esencialmente, o procedemento para a súa elaboración (obxectivos, marco temporal e metodoloxía).
 UNIVERSIDADES
 UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID
    En Madrid, estase a levar adiante un sistemático ataque a toda a Administración Pública cunha intención non disimulada de privatizar todo o que pode ser rendible para a empresa privada ou conseguir, no caso das universidades públicas, unha universidade elitista á que só poderán acceder os fillos e fillas das clases máis podentes.
 MÁIS MOBILIZACIÓNS
    CUT e CNT anunciamos en rolda de prensa a convocatoria dunha mobilización social para o vindeiro 26 de febreiro, ás 20 horas, dende a compostelá Praza Vigo, contra a persecución á que se ve sometido o sindicalismo alternativo e as diferentes agresións promovidas no ámbito laboral que derivan nunha precarización das vidas de toda a clase traballadora.
 OPINIÓN - Vicenç Navarro
    Hoxe estamos a ver en España uns recortes enormes nos servizos públicos ao Estado do Benestar, tales como sanidade e educación, argumentándose que o Estado non ten diñeiro para sostelos. Isto non é certo.
 STOP DESAFIUZAMENTOS
    O intento (frustrado) de desafiuzamento de Aurelia Rey -a muller de 85 anos sobre a que pesa unha orde de desaloxo polo atraso no pago de dous meses de aluguer- situou A Coruña na triste lista de polémicas sobre os lanzamentos que cada semana ocupan as portadas dos xornais.
  ERE NA XUNTA
    Os empregados públicos da Xunta volveron protestar o día 21 ante as sedes da administración nas sete cidades contra os recortes e a supresión de postos de traballo.
 LINGUA - Valentina Formoso
    Non hai moitos días que escoitei esta pregunta da boca dunha persoa a quen considero moi formada en sociolingüística, moi coñecedora da realidade lingüística galega e moi implicada coa súa normalización.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      OS AMIGOS SON OS AMIGOS

       
        DEBATE, O PERDEDOR

         
          SEN PALABRAS

           
            HIPNOSE

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript