Número 175 - 18 de febreiro de 2013
 
 
UNIVERSIDADES

     As mobilizacións nas universidades públicas de Galicia en contra do proxecto de orzamentos que a Xunta do PP ten previsto aprobar o vindeiro día 26 e que, en principio, contemplaba a convocatoria de dous días de folga redúcese a última hora a unha convocatoria dun paro de 4 horas (de 13h. a 17h.) o vindeiro día 26.

A XUNTA INCUMPRE, UNHA VEZ MÁIS, OS SEUS COMPROMISOS

    A Xunta reducirá 251 postos de traballo. A RPT da Consellería de Traballo contempla a amortización 40 prazas das que 19 están ocupadas por traballadores con contrato indefinido, os restantes, 21, teñen contrato interino (un ERE en toda regra).

UN NOVO REPAGO

    A partir de agora, facer calquera tipo de trámite ou consulta á Seguridade Social custará diñeiro. O organismo público, dependente do ministerio de Emprego que dirixe Fátima Báñez, cambiou o seu teléfono de atención que era o 900166565, e tiña carácter gratuíto, ao 901166565, de pagamento compartido.

ASINA A PETICIÓN DIRIXIDA A: ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO

    "Galicia é unha mina", di un dos lemas da Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia. E é verdade. Entre as comunidades autónomas, Galicia é só a sétima por superficie, pero a cuarta en produción mineira, con máis de 520 explotacións activas que xeralmente non son un exemplo de respecto á lei e ó patrimonio ambiental.

MOBILIZACIÓN O 23F

    Defendemos unha Europa onde se impoñan os dereitos de todas e todos fronte aos intereses dos mercados. Un novo modelo decidido pola cidadanía a través da democracia directa, que poña no centro ás mulleres e os homes. Que cambie competitividade por cooperación, individualismo por apoio mutuo, opresión e patriarcado por igualdade, que faga efectiva a soberanía popular. Unha Europa das persoas e os pobos que se impoña sobre os mecanismos do egoísmo e o canibalismo económico.

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR DE DACIÓN EN PAGO

    O PP forzado pola mobilización cidadá, polos últimos sucesos nos que levaron ao suicidio a tres desafiuzados e polas máis de 1.400.000 sinaturas presentadas, despois de anunciar en reiteradas ocasións que votaría en contra do tratamento parlamentario da ILP, cambia a última hora de criterio e vota a favor da súa tramitación.

CATALUNYA

    O Govern confirmou a noticia aos sindicatos na reunión da Mesa da Función Pública, aínda que non concretou outras medidas que poderían afectar ao sector.

PARLAMENTO

    Formulácheste algunha vez a carreira de político? Desvelámosche o que cobran os deputados e deputadas no Parlamento do estado.

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    A inmensa maioría de empresarios honestos deste país deberían corear un famoso lema do 15-M e dedicarllo cun corte de mangas á cúpula da patronal: «Que non nos representan, que non!». A CEOE, que tantas leccións dá sobre o esforzo e a austeridade dos demais, arrastra un escuro presente e un impresentable historial. É unha organización que xa está a tardar en abrir as ventás, limpar baixo as alfombras e pedir publicamente desculpas á sociedade.

    
  •   
 
 O SUPREMO DENUNCIA A POLITIZACIÓN DO TRIBUNAL DE CONTAS
    Non é habitual que o Tribunal Supremo sexa tan explícito nas súas sentenzas, pero quizais esta vez o fixo porque non é a primeira vez que se pronuncia sobre os intentos de encher o Tribunal de Contas con funcionarios de libre designación, o que leva consigo un alto risco de politización.
 DELINCUENTES
    Como vos dixemos no PASquín anterior, a raíz das palabras do seu presidente nas que denigraba aos traballadores e traballadoras da Administración Pública, non ten capacidade ética para dirixirse a ningún colectivo de traballadores cando se demostra que a súa organización é a cova de Alí Baba, e el o máximo representante da delincuencia patronal organizada
 NON Á REPRESIÓN SINDICAL
    O luns día 11 estivemos nas portas dos xulgados de Vigo solidarizándonos cos compañeiros represaliados na Folga Xeral Nacional do 27 de xaneiro de 2010.
 LIMPEZA HOSPITALARIA
    As asembleas xerais impulsan unha resposta unitaria fronte ás agresións de Clece SA coa convocatoria de varias xornadas de folga nos meses de febreiro e marzo coas correspondentes mobilizacións.
 O INDULTÓMETRO
    O Boletín Oficial do Estado (BOE) é o diario máis influente do país porque nas súas páxinas constrúese o Estado cada día, pero a información que contén é seguramente as máis difícil de seguir, descifrar e relacionar para cidadáns e tamén xornalistas.
 AMNISTÍA FISCAL PPSOE
    En total son sete dos 21 os imputados no caso Gürtel os que regularizaron con Facenda, entre 2008 e 2011, ata 9,72 millóns de euros. Dous deses imputados regularizaron en 2012 outros 82.658 euros tamén pola vía ordinaria. Un terceiro acolleuse á amnistía fiscal parcial do Goberno do PP para aflorar 3.420 euros.
 LINGUA - CHAMAMENTO POLO GALEGO
    A Consellería de Educación da Xunta de Galicia acaba de anunciar os trámites previos á presentación dun recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010. Na nota oficial en que dá conta deste desacerto, a Consellería afirma que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso a que “os recorrentes e a oposición” acepten a proposta formulada polo presidente da Xunta, segundo a cal, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      SOBRES. HABELOS HAINOS

       
        ONDE ESTÁ O SOBRE?

         
          O PP VOTA A FAVOR DA TRAMITACIÓN DA ILP DE DACIÓN EN PAGO

           
            O NEOLIBERALISMO VAMPIRÍZANOLO TODO

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript