Número 174 - 11 de febreiro de 2013
 
 
UNIVERSIDADES

     Como vos dixemos en comunicacións anteriores os Orzamentos do ano 2013 contemplan novos recortes económicos para o persoal das Universidades. No proxectos establécese que este recorte será dun 5% pero non establece o mecanismo concreto para executar esa nova tesoirada.

PRESIDENTE DA CEOE

    O primeiro que hai que preguntarse é si están os empresarios en condicións, coa que está caendo, de facer calquera reclamación e de dar leccións de laboriosidade, moralidade…, claramente non. Co seu ex presidente (o da CEOE), Gerardo Díaz Ferrán, no cárcere por corrupto, que daba leccións de como saír da crise mentres el non pagaba as súas débedas, arruinaba ás súas empresas e despedía miles de traballadores (ou sexa, un delincuente), confírmase que deberían estar caladiños.

CRTVG

    O Comité de Empresa da TVG denuncia unha vez máis a manipulación que padecen os informativos da canle pública e alertan sobre as presións e as intervencións sobre o seu traballo que están a recibir a cotío os e as profesionais do medio.

SANIDADE PÚBLICA - FERROL

    A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol na súa sesión Plenaria celebrada onte luns día 4 de Febreiro, logo de analizar a situación sanitaria da Área de Ferrol, os orzamentos da Xunta de Galicia e as listas de espera acordou o calendario de mobilizacións.

A CORUÑA E FERROL - PARO

    O mes de xaneiro trae, unha vez máis, malas noticias. O paro bate marcas nas dúas cidades e nas súas respectivas comarcas. As políticas neoliberais dos gobernos central e autonómico, ao ditado da troika e dos intereses do gran capital especulativo e parasitario, seguen castigando á clase traballadora co desemprego masivo, que segue crecendo mes tras mes.

TAXAS XUDICIAIS

    O Tribunal Constitucional admitiu a trámite a demanda que presentou a Organización Impulsora de Discapacitados (OID) contra a nova Lei de Taxas que deu a coñecer o Goberno central. O recurso de amparo presentouse polo equipo xurídico da OID o 20 de novembro pasado.

UNHA CRISE DE MÚLTIPLES DIMENSIÓNS - Jérome Duval

    Os que esperen un cambio de política por parte dos nosos gobernos socio-liberais ou neoliberais a soldo das grandes institucións financeiras, dos mercados e das grandes empresas van sentirse decepcionados.

CHUAC - URXENCIAS

    Periodicamente os profesionais de urxencias do CHUAC denuncian colapso no servizo. Os recortes tanto de persoal como de servizos non son alleos a esta circunstancia. Desta vez vótase a culpa ao reponte nas infeccións respiratorias, o certo é que esta situación cada vez é máis frecuente sen que a dirección do centro aplique as medidas necesarias.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    O trauma no PP polas xornadas que seguiron aos atentados do 11-M non está curado, e de cando en vez aparéceselles o fantasma daqueles días. " Veñen a por nós, é outro 11-M! ", escóndense baixo a cama algúns no PP e arredores mediáticos estes días a conta do Barcenasgate. Os ingredientes serían hoxe os mesmos que entón: manipulación informativa, Rubalcaba, convocatorias fronte á sede do partido, linchamento moral. E o obxectivo, unha vez máis, varrelos do mapa.

    
  •   
 
 ASINA POLA UNIVERSIDADE PÚBLICA
    As actuais políticas de redución do gasto público en educación e investigación, de aumento dos prezos das matrículas e redución de bolsas, e de fomento da privatización da xestión universitaria están a supoñer a vertixinosa e inxustificada deterioración das Universidades Públicas e os Organismos Públicos de Investigación. Todo iso socava o acceso á educación e o coñecemento en igualdade de condicións, a calidade no ensino e investigación e a autonomía universitaria, o que implica hipotecar non só o desenvolvemento do país senón a mesma democracia.
 O SINDICATO
    Na asemblea comarcal da Coruña levamos a cabo dúas xuntanzas no que vai de ano co obxectivo de darlle un pulo á nosa Central na comarca.
 STOP DESAFIUZAMENTOS - PAH
    Comparecencia de Ana Colau ante o Congreso para denunciar a estafa xeneralizada das hipotecas que sumiu na pobreza e a desprotección a centos de miles de cidadáns. E a mafia bancaria alentada e apoiada por todos os gobernos correspondentes.
 ASOCIACIÓN DE ECONOMÍA SOCIAL "BRIANTE"
    A Asociación de Economía Social "Briante" é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a imnovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa.
 REFORMA LABORAL
    As sucesivas reformas laborais tanto do PSOE como a de fai un ano de Mariano Rajoy e a timorata resposta dos sindicatos maioritarios provocaron un cambio substancial no marco das relacións laborais diminuíndo a forza dos traballadores nas negociacións dos convenios colectivos, ás que as empresas chegan con duras esixencias, centradas sobre todo na flexibilización, aumento das xornadas e rebaixas salariais. Saben que poden lanzar o órdago, porque a alternativa que nomeadamente poñen enriba da mesa son os despedimentos.
 AMNISTÍA FISCAL
    A Organización Profesional de Inspectores de Facenda do Estado (IHE) presentou unha petición formal á Axencia Tributaria, con data do 6 de febreiro de 2013, para que lles deixen investigar os contribuíntes que se acolleron á chamada amnistía fiscal e para que este procedemento se inclúa no plan de control tributario de 2013 que ten que facer público o organismo.
 Lingua
    A Consellería de Cultura e Educación ultima o recurso contra as sentenzas do decreto. O primeiro paso deuno ao se constituír parte no Tribunal Supremo, como paso preceptivo para presentar un recurso de casación.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      AQUÍ NON PASARÍA

       
        A NOVA IMAXE DO PP

         
          NON TODO VAN SER SOBRES, HAI MÁIS CORRUPCIÓN

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript