Número 172 - 29 de xaneiro de 2013
 
 
UNIVERSIDADE

     O pasado luns, día 21, realizáronse as asembleas en Ferrol e na Coruña, no tempo previo á asemblea de Ferrol un compañeiro recordaba que durante anos acusaramos a Meilán de practicar a política do medo, nesa época estendeuse sobre o colectivo un halo de temor. Dicía este compañeiro que agora xa non era o goberno universitario quen espallaba o medo. O pánico que se está expandindo no colectivo de persoal laboral ten un novo pai, os sindicatos.

UNIVERSIDADE

UNIVERSIDADES

    Na nota de prensa emitida pola Xunta asegúrase o cumprimento estrito do Plan de Financiamento Universitario 2011-2015. Non obstante, en Radio Coruña o conselleiro fixo unhas declaracións nas que si recoñece que haberá unha redución orzamentaria de 20 millóns de euros.

UNIVERSIDADES

    Vivimos atordados perante unha serie de propostas e medidas as cales moitas veces non sabemos se xa son certas ou imaxinarias. Circulan globos sonda que non cremos ata que un día plásmanse reais mediante unha política de feitos consumados.

PAGA EXTRA

    O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) condenou á Axencia de Informática e Comunicacións da Comunidade de Madrid (ICM) a aboar ao seu persoal asalariado os días percibidos da paga extraordinaria de Nadal, ou cantidades equivalentes, entre o comezo do período de dereito (comezo da cotización) e a entrada en vigor -en xullo- do Real Decreto polo que se suprimiron estas pagas.

A CORRUPCIÓN INSTITUCINALIZADA

    "Creo que a cantidade máxima eran uns 10.000 euros ao mes ou o seu equivalente en pesetas antes da moeda única. De aí cara a abaixo percibíanse cantidades menores, segundo os cargos e responsabilidade,". Así é como o exdeputado do Partido Popular Jorge Trías recoñece nunha columna de opinión publicada polo diario El País que o seu partido pagaba sobresoldos.

SEGUNDO A OCDE

    O estado español subiu a presión fiscal sobre as clases medias que ningún outro país da OCDE. Malia que a carga tributaria baixou a partir de 2006, as subas do IVE, IRPF e outras taxas volven colocar ao estado español como líder en subas impositivas.

NON DEBEMOS, NON PAGAMOS

    Auditar a débeda desde a cidadanía. Ese é o obxectivo que se marcan diversas organizacións, colectivos comarcais e persoas a nivel particular de toda Galicia, que se reuniron o sábado no II Encontro Galego sobre a Auditoría da Débeda. No Centro Sociocultural de Fontiñas (Compostela) e a partir das 10.30 horas, este colectivo xuntouse logo da reunión celebrada xa en outubro e no que se puxo en marcha un movemento baseado no que xa está organizado a nivel estatal.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Voullo dicir con palabras prestadas da ministra de Emprego, que fala pouco (onte enmudeceu coa EPA), pero cando abre a boca é pura poesía: "Os emprendedores son a clave da saída da crise, eles teñen a chave da recuperación (...) Eles personifican a enerxía, o pulo, a creatividade, a ilusión e sobre todo a confianza de hoxe e de mañá (...) Neles está a alma e o talento do noso presente e noso futuro.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 31 de xaneiro realizarase un novo Consello de Goberno, como se pode observar na orde do día que vos xuntamos non irá, para a súa aprobación, o proxecto de RPT.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    Desde o mediodía do mércores 23, un grupo duns 15 traballadores/as do colectivo de persoal de administración e servizos da Universidade de Compostela permanece encerrada na Casa dá Balconada, sede da Xerencia da USC, en protesta pola publicación de xeito unilateral por parte da Xerencia da Instrución sobre vacacións, permisos e horario e polos recortes contemplados no proxecto de Orzamentos do ano 2013 da Xunta.
 PARO
    As cifras de paro son dramáticas, cada vez que se publica unha estatística ponse de manifesto que a reforma laboral cumpre o programado desde as esferas do capitalismo máis radical. Non pararán até que o paro e a precariedade sexan absolutos. Resulta terrible que, no ano 2012 se incrementasen nun 28% os fogares galegos con todos os seus membros en paro.
 A XUNTA DE GALIZA RECORTA E PRIVATIZA
    O Goberno galego non esperou á aprobación da Lei de Orzamentos no Parlamento para iniciar a supresión de máis dun milleiro de prazas laborais vacantes prevista no proxecto desa norma.
 MÁIS RECORTES. O CAPITAL INSISTE
    Está claro, para que “crezan” uns poucos, temos que empobrecernos todos e todas nós. O Banco de España segue os ditados e as recomendacións xa enunciadas por Jiménez Latorre, o número dous de Economía, e reclama que non se actualicen os soldos conforme ao IPC.
 CRISE - ESTAFA
    A austeridade do rei toca á súa fin. Nun xesto significativo o monarca e o príncipe baixáronse o soldo en 2012 nunha porcentaxe similar á redución da 'paga extra' de Nadal que deixarían de percibir os empregados públicos. Un ano despois a crise aperta máis que nunca e moitos cidadáns seguirán vendo como se reduce o seu soldo durante este ano, pero ambos os dous membros da familia real non estarán entre eles.
 LINGUA - Mercedes Queixas Zas
    Ben sabemos que a balanza que mede con precisión o valor dunha lingua é o seu uso social. Non hai mellor pluviómetro lingüístico que ese día a día que nos enchoupa da sonoridade das voces galegas nos nosos percursos e encontros. O uso que as persoas facemos dunha lingua é o osíxeno que a alenta.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        CALENDARIO LABORAL 2013
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript