Número 171 - 21 de xaneiro de 2013
 
 
UNIVERSIDADE

     O Comité de Empresa, por unanimidade, estableceu, desde o comezo da negociación (confirmadas nas asembleas realizadas en Ferrol e Coruña), varias liñas vermellas á hora de acometer a negociación.

    A asemblea de Ferrol comezou con “sorpresa”, a CIG que faltou á última das reunións (nas anteriores participaba do criterio unánime) desvinculouse dos acordos (sen ningunha notificación previa ao resto do Comité) articulando unha análise favorable á proposta da RPT cunha única argumentación: o medo.

UNIVERSIDADES

    Ao mesmo tempo que a Xunta reduce 20 millóns de euros das partidas das Universidades Públicas pon en marcha unha nova Lei de Universidades que traslada á lexislación autonómica os mesmos criterios que se establecen na nova lexislación estatal

PAGA EXTRA

    Ante a necesidade de dar unha resposta axeitada aos ataques que os Empregados Públicos vimos sufrindo, os sindicatos pertencentes á Plataforma de Empregados Públicos decidiron iniciar accións que permitan unha defensa xurídica, establecendo para iso unha estratexia común co principal obxectivo de facilitar a defensa a todos os empregados públicos, pero tendo presente que se deben de xuntar esforzos co resto de organizacións para garantir o mellor resultado.

SANIDADE PÚBLICA

    O peche das urxencias nocturnas en 21 municipios de Castilla-La Mancha levantou a lebre, pero as declaracións do secretario de Estado de Servizos Sociais, Juan Manuel Moreno, quen non descarta que outras comunidades sigan o mesmo exemplo, xeneralizou a alarma.

SERVIZOS PÚBLICOS

    O xoves 17 aínda que o programado era unha concentración na Delegación do Goberno, e aínda que chovía abundantemente unhas 3.000 persoas percorrero as rúas céntricas da Coruña para reclamar uns servizos públicos e de calidade. Nesa marcha tamén estivemos presentes os traballadores e traballadoras da UDC.

SENTENZA DA XUSTIZA EUROPEA

    O Tribunal de Xustiza da UE (TUE) ditou que o estado español debe elevar o IVE sanitario do 10% ao 21% para a gran maioría de produtos sanitarios porque aplica indiscriminadamente un tipo reducido. A xuízo do TUE, o tipo do 10% só se pode aplicar aos produtos estritamente utilizados para minusválidos.

FOLGA XERAL DE ESTUDANTES

    Comunicado: " Retirada inmediata da contrarreforma franquista do PP! Wert dimisión! Liberdade de expresión para a xuventude: o noso dereito de folga non se toca! ". Nova semana de folga e mobilizacións o 5,6 e 7 de febreiro.

XUNTA DE GALICIA - ORZAMENTOS

    Só Sanidade e Educación absorben máis recursos económicos que o pagamento do endebedamento público, cuxos intereses subiron un 97% dende 2009.

XUSTIZA

    Condicionan a decisión a que Goberno e PSOE acepten as súas 'liñas vermellas' na reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Acumúlanse os sinais de fin de réxime: a monarquía enfangada e chantaxeada, o sistema de partidos podrecido por revelacións diarias, a amnistía total aos defraudadores, o ex presidente da patronal no cárcere, as portas xiratorias toleadas o desmantelamento do público para que os amigos se enriquezan, os bancos nacionalizados ou rescatados por Europa, o modelo produtivo esgotado e sen recambio, o empobrecemento de cada vez máis cidadáns, o saqueo aos traballadores, a desintegración institucional e territorial...

    
  •   
 
 SANIDADE PÚBLICA
    O Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha ordenou ao Goberno de Dolores de Cospedal a reapertura inmediata das urxencias dos 21 centros de atención rurais que deixaron de funcionar en horario nocturno dende o pasado luns.
 LABORAL
 PORQUE HAI CARTOS DE SOBRA
 SANIDADE PÚBLICA - VIGO
    Para protestar polos "recortes" na sanidade pública. O acto de mobilización, apoiado por todos os sindicatos con representación na xunta de persoal, desenvolverase ata o xoves.
 XUBILACIÓN
    O Goberno comezou a debater este mércores a nova reforma da xubilación parcial e da xubilación anticipada. Os cambios nestas dúas modalidades de retiro están suspendidas dentro da reforma das pensións que entrou en vigor o 1 de xaneiro. O Executivo deuse de prazo tres meses para alcanzar un acordo no Pacto de Toledo para restrinxir máis o acceso a este tipo de xubilacións.
 CRISE - ESTAFA
    Dise que a meteoroloxía e a economía comparten capacidade predictiva. Pódese saber con bastante precisión o tempo que fará mañá, pero dificilmente se podería adiviñar o que teremos dentro de 30 anos.
 LINGUA - MANIFESTACIÓN O 27 DE XANEIRO
    O voceiro da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, asegurou que o domingo día 27 de xaneiro realizarase a manifestación en defensa da lingua galega "queira ou non queira o goberno bipartito do Partido Popular en Santiago" que, a través dunha "nova medida ditatorial", pretende "impedir" a marcha ao obrigar a que unha organización non lucrativa "pague 600 euros se quere colocar o palco para realizar o acto final".
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        CALENDARIO LABORAL 2013
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript