Xaneiro de 2013
 
 

14/01/2013

   CUTUDC / Novidades

  A LEI E A TRAMPA
 

Facenda autoriza ata 52 millóns en sobresoldos

Dentro do seu programa de “austeridade e reformas”, o 17 de febreiro de 2012 o Consello de Ministros aprobou con gran publicidade unha rebaixa de entre o 25% e un 30% na “parte fixa dos salarios” dos altos directivos das empresas e entidades públicas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Unha orde de Facenda autoriza sobresoldos por obxectivos sempre que os ingresos totais "non" cheguen ao dobre" da retribución fixa. Os presidentes de AENA, Renfe, Lotarías ou Correos teñen un soldo base de 105.000 euros ano que pode chegar a 209.999 cos complementos.
 
Dentro do seu programa de "austeridade e reformas", o 17 de febreiro de 2012, o Consello de Ministros aprobou con gran publicidade unha rebaixa de entre un 25% e un 30% en "a parte fixa dos salarios" dos altos directivos das empresas e entidades públicas. Tan só dous meses despois, o 12 de abril, e utilizando un procedemento administrativo sixiloso, case clandestino, a "orde ministerial comunicada" que só se remite aos departamentos afectados, o Ministerio de Facenda aprobou o "réxime retributivo dos máximos responsables e directivos do sector público empresarial e outras entidades".
 
Cun evidente dominio do malabarismo legal e administrativo, o departamento que encabeza Cristóbal Montoro fixaba as retribucións fixas, máxima e mínima, para os directivos de empresas e entidades públicas nunha forquita entre os 105.000 e os 43.000 euros anuais. A estas contías, suponse, xa se lles aplicara a rebaixa de entre o 25% e o 35% prometida polo Consello de Ministros. Deseguido, non obstante, Facenda regulou dous sobresoldos aos que denomina, primeiro, "complemento de posto" que representará, como máximo o 60% da retribución básica" e "complemento de variable" que representará, como máximo o 40% " do soldo fixo.
 
Por este procedemento os presidentes de empresas públicas como RTVE, Paradores de Turismo, Lotarías do Estado, Renfe, AENA, Navantia, para os que se fixou un soldo básico de 105.000 euros anuais (suponse que xa inclúe a rebaixa de ata o 30% con respecto á lexislatura anterior), cos novos sobresoldos ou complementos de "posto e variables", poden chegar a gañar 209.999 euros. O autor da orde comunicada do Ministerio de Facenda, coñecedor do recurso utilizado, establece que "en ningún caso a retribución total poderá exceder o dobre da retribución básica".

 


 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript