Número 169 - 08 de vaneiro de 2013
 
 
XUNTA

    Recentemente a Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galicia fixo unha recollida de sinaturas (que tamén se estendeu pola UDC) para reclamar que se adiantase o cobro da paga extra de xullo a principios de xaneiro. Esta reivindicación non ten nada que ver coa “solución” establecida polo goberno de Feijoo (pago adiantado do 50% da paga extra de verán).
     
    O que se pretendía coa recollida de sinaturas era unha proposta de rebeldía diante da imposición do goberno central no mesmo camiño que a realizada noutras comunidades (Esukadi, Estremadura…) ou mesmo concellos ben próximos coma o de Pontevedra, e ía no sentido de adiantar a paga de xullo a primeiros de xaneiro, a de decembro a xullo e así sucesivamente.

XUNTA, ORZAMENTOS

    "Os bigobernos sáenlle moi caros a Galicia". En decembro de 2007 o daquela líder da oposición parlamentaria en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pronunciaba esta frase nunha sesión de control ao naquela altura presidente, Emilio Pérez Touriño, para censurar o gasto do Goberno de coalición en asesores.

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    No DOG do 31/12/2012 publícase a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012 pola que se publica o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    As comunidades reduciron o número de interinos en 17.336 empregados entre xullo de 2011 e de 2012, segundo os últimos datos facilitados polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

ONGDs

    A Dirección xeral de Cooperación exterior reducirá un 38 % os fondos previstos para 2013 en materia de cooperación ao desenvolvemento. O orzamento previsto será de 4.143.379 euros, un 0’05% do orzamento total consolidado previsto. Unha porcentaxe que se sitúa nas antípodas do 0,7 % comprometido para 2017 por todos os partidos que asinaron o Pacto galego contra a pobreza.

NON É DE ESTRAÑAR

    O Barómetro do CIS de decembro coloca ambos os dous problemas no cuarto posto dunha lista encabezada polo paro. A percepción sobre o estado da sanidade marca outro récord histórico

DENUNCIA

    Acusa a estes representantes dos delitos de malversación de fondos públicos e apropiación indebida. Pretende levar ante a xustiza o presidente do Goberno e os ministros Báñez, Montoro, Pastor ou Fernández Díaz, entre outros parlamentarios

CRISE

    Cada vez máis empobrecidos, así vai ser a saída da crise-estafa programada. Noutros momentos, en circunstancias parecidas, a solución foi a da conxelación, salarios e prezos, neste momento a situación á que nos están a levar é ben distinta, diminución de salarios e incremento vertixinoso dos prezos. O resultado desta ecuación será tráxico para a clase obreira.

OPINIÓN - IGNACIO ESCOLAR

    Palabra de Manuel Fraga, 7 de marzo de 1998: "Os fillos de boa familia son máis listos e cando concursan nunha oposición teñen máis posibilidades de alcanzar o éxito. Nunha casa de persoas prominentes, os fillos saen con máis posibilidades". Fiel a esta doutrina do patriarca, José Luis Baltar encheu a Deputación de Ourense de fillos de boa familia, listos e prominentes. E do PP, casualmente.

    
  •   
 
 PARO
    Feijoo, que se comprometeu a acabar co paro en 45 días, deixará, cando teñan a ben botalo os electores/as de Galicia un país desértico a nivel laboral, será coma o cabalo de Atila, por onde pasa desaparece o emprego. Galicia é a comunidade cunha maior suba - A área coruñesa foi a bisbarra galega que máis emprego destruíu en 2012, por enriba de Vigo - O paro baixa un 1,2% en España pero tamén cae a afiliación.
 XUBILACIÓN
    O último Consello de Ministros do goberno central anunciou, tal e como estaba previsto, a posta en marcha, desde o día 1 de xaneiro de 2013, da lei 27/2011, lei aprobada durante a xeira de Zapatero como presidente do goberno central e apoiada polos sindicatos CCOO e UGT.
 SANIDADE PÚBLICA
    Entrou en vigor en Madrid o euro por receita, que ten consecuencias negativas para os usuarios, pero é un choio para o estado e para Movistar que facturará 234.000 euros ao mes co cambio.
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Se están xordos ás nosas reivindicacións nós faremos máis ruído e incrementaremos as mobilizacións.. Non imos parar. Non nos calarán!. Polo período que se aveciña, tomámonos un descanso para recomezar con máis folgos en xaneiro
 15M MONTE ALTO - SANIDADE PÚBLICA
    Hoxe é un día de loito para a sanidade Pública, a Asemblea de Madrid aprobou cos votos do PP e a abstención de UPYD o seu plan privatizador de parte de sanidade Pública madrileña. Resulta curioso que se aprobe un modelo de xestión que é presentado, como modelo de eficiencia, o mesmo día no que o hospital de Manises en Valencia  presenta un déficit de 76 millóns de euros co devandito tipo de xestión e en só tres anos.
 ERE DE PARADORES
    Os sindicatos presentes no Comité Intercentros e a empresa acordaron o despedimento de 350 traballador@s e todo o estado, o peche temporal de Tui, Verín, Vilalba e Monforte de Lemos e unha indemnización de 25 días por ano traballado. O Comité de Empresa do Parador de Compostela con maioría da CUT impugnará a decisión de Madrid.
 LINGUA
    A finais do pasado maio deuse conta de que a Asociación PuntoGal presentara con éxito a candidatura para conseguir un dominio para a lingua e cultura galegas ante ICANN. Deste xeito, espérase que para o ano que vén o dominio .gal poida converterse nunha realidade.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript