Número 168 - 01 de vaneiro de 2013
 
 
XUNTA: ORZAMENTOS 2013

    Pois si, róubannos unha vez máis, O PP insiste en aplicar as mesmas medidas unha e outra vez. Agora métenos outra vez a man na carteira para quitarnos de media un 4% do salario.
     
    A medida reflíctese en dous aspectos, por un lado lexisla o recorte, por outro diminúe o orzamento das universidades porque xa se “enxuga” co recorte do salario dos seus traballadores

DESCONTOS

    O venres pasado unha compañeira advertiunos desta circunstancia, casualmente ese mesmo día recibimos, de parte dun compañeiro, este artigo publicado en Rankia por “yo mismo” que vos reproducimos porque consideramos que esclarece o que está a suceder coas nosas cotizacións.

IMPORTANTE - ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

    No BOE do día 29 publícase a Orde HAP/2802/2012, do 28 de decembro, pola que se desenvolve para a Administración do Estado e os organismos e entidades de dereito público dependentes desta, o previsto na disposición adicional trixésima oitava da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013, en materia de ausencias por enfermidade ou accidente que non dean lugar a incapacidade temporal.

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

    Como vos diciamos no PASquón anterior a AXE estaba a piques de publicar a xornada e horario para o seu persoal. No BOE do día 29/12 publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos.

O GRAN CASINO

    Dende a 'Plataforma Eurovegas No' consideran que a normativa de casinos da nova Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Comunidade "un aparato inventado para que non caiba ninguén máis que Eurovegas"

LABORAL

    As demandas por despedimento presentadas nos Xulgados do Social entre xaneiro e setembro chegaron a 109.278, o 24,6% máis respecto ao mesmo período un ano antes, co que xa suman dous anos consecutivos á alza.

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA

    A incidencia da crise económica provocou que a taxa de cidadáns galegos en risco de pobreza se incrementara en só un ano nun 1,45 por cento, ata o punto de que o 15,73 por cento dos habitantes da Comunidade galega sofren perigo de non dispoñer de ingresos dabondo para afrontar as necesidades básicas.

CRISE

    Euskadi mellora o seu PIB per cápita dende o inicio da crise, mentres que Murcia, Castilla-La Mancha e Valencia perden máis dun 6% da renda por habitante.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Todos os días esperto con ganas de dimitir. Ou dito con palabras sabias de Sánchez Ferlosio, de hai uns anos: Non ha de estrañar que o ánimo en que me pon a mañá sexa, cada día máis decididamente, o de correr no acto a presentar a miña dimisión irrevogable. Pero non podo darme tal satisfacción, porque non existe o organismo idóneo para unha dimisión como a miña.

    
  •   
 
 POR MENTIREIRO E LADRÓN
    Unha vez máis ponse de manifesto a nula credibilidade dos políticos nas campañas electorais e nos períodos previos. Feijoo comprometeuse a non recortar o soldo aos traballadores públicos porque segundo as súas propias verbas “os funcionarios xa sufriran o suficiente”.
 ECOLOXÍA - SAÚDE
    Xa está en marcha a recollida de sinaturas para  a aprobacion dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA
 PUBLICADA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2012
    O BOE do 29 de Decembro de 2012 publica o R.D.1694/2912,de 21 de Decembro, que aproba a Oferta de Emprego público para 2012. Ridícula en canto a número de prazas (39 totalizan o novo ingreso,excluídas 25 de científicos) e sonroxante na área prioritaria onde se recrutarán novos empregados ( inspección de Facenda).
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Se están xordos ás nosas reivindicacións nós faremos máis ruído e incrementaremos as mobilizacións.. Non imos parar. Non nos calarán!. Polo período que se aveciña, tomámonos un descanso para recomezar con máis folgos en xaneiro
 MADRID - SANIDADE PÚBLICA
    332 directivos da Atención Primaria madrileña decidiron xa que dimitirán sI se sacan a concurso os centros de Medicina de Familia. Supón un 45% dos máis de 700 que dirixen a Primaria da Comunidade de Madrid. Outros 130 anunciaron que non dimitirán. Aínda hai 260 pendentes de resposta. O reconto ofreceuno a coordinadora profesional que aglutina esta medida de protesta contra as medidas privatizadoras da sanidade do Goberno da Comunidade de Madrid (PP)
 RECOMPILACIÓN
    O ano que remata foi fértil en declaracións rechamantes pronunciadas pola maioría do Executivo para xustificar os recortes e a renuncia ás liñas mestras do programa co que gañou as eleccións Rajoy.
 LINGUA - A MESA DA CORUÑA
    O grupo local da asociación lamenta que os “complexos e prexuízos” do goberno municipal sirvan para “alimentar tópicos falsos” que “ridiculizan” a cidade nas redes sociais
     
    “Na campaña de Nadal da Coruña teñen máis presenza Laponia ou as sevillanas que Galiza”, denuncia a entidade
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript