Número 166 - 17 de decembro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE

    O día 11/12/2012, despois de enviar para coñecemento xeral da Instrución da Universidade de Vigo e da Comunicación da Xunta a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dirixíronse ao xerente para comunicarlle que na reunión convocada para o día 14 coa finalidade de tratar da RPT queriamos introducir a posibilidade de ampliación do tempo de goce dos días de asuntos particulares até o 31 de marzo do 2013.
     
    O Xerente quere, tamén, dar resposta ás reclamacións e propostas presentadas pola Comisión Mixta na reunión anterior

UNIVERSIDADE - CLAUSTRO

    Na sesión do Claustro do 15 de maio de 2012 aprobamos unha declaración na que nos pronunciabamos en contra dos recortes que se estaban a levar adiante polo poder político. O día 10 de decembro os reitores de todas as universidades do estado procederon á lectura simultánea dunha declaración moi semellante.

UNIVERSIDADE - CLAUSTRO DO 13/12/2012

    Un Claustro que se prolongou até as 16 horas onde se falou moito dende a mesa e a participación do representación da Comunidade Universitaria tamén tiña moito que dicir.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA GALEGA - XUNTA DE PERSOAL SERVIZOS CENTRAIS

    Representantes da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais entregaron máis de 3.400 sinaturas de empregados públicos galegos no rexistro da Xunta e no Parlamento para reclamar que se lles abone a paga extra a principios de xaneiro.
     
    A recollida de sinaturas continúa!.

OPINIÓN - Antonio Pérez Casas - PAS da USC

    O Reitor equivócase cando en aras dunha suposta normalidade pretende ocultar a realidade aceptando os recortes no ensino superior. A universidade de Santiago de Compostela necesita un Reitor de fortes conviccións a favor dunha Universidade Pública, que sexa capaz de poñer por diante os intereses dos cidadáns fronte ás políticas destrutivas do Partido Popular.

PARLAMENTO GALEGO - OS QUE NOS QUITAN OS CARTOS...

    O Parlamento galego deixou pasar unha nova reunión da Mesa?, o órgano de goberno da Cámara, e da xunta de voceiros sen tomar unha decisión en firme sobre o recorte equivalente á paga extraordinaria que deberían notar nas súas nóminas os 75 deputados autonómicos, en consonancia co que acontecerá este mesmo mes de decembro con todos os funcionarios e empregados públicos.

ECOLOXÍA

    Unha mina de ouro a ceo aberto, en Corcoesto -emprazado nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso (comarca de Bergantiños), subsidiada pola Xunta de Galicia -co diñeiro de tod@s- e apoiada polo dereitista Partido Popular -PP, gobernando na actualidade no concello de Cabana, a Xunta e o Goberno Central, vai contaminar e destruír unha paraxe natural, ríos (o Anllóns), regatos, terras de cultivo, flora e fauna do lugar, ... en definitiva vida.

CUT - REPRESIÓN SINDICAL

    O día 12 realizose no Xulgado de Instrucción nº 1 de Marín, o xuízo contra o delegado sindical da CUT e Presidente do Comité de Empresa no Concello de Bueu, Pablo Curra. Durante o acto tivo lugar unha concentración de delegad@s sindicais diante do edificio do Xulgado.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Non creo que sexa unha casualidade que o ministro de Facenda, Cristobal Montoro, anuncie a súa intención de publicar unha lista de defraudadores fiscais a mesma semana en que está a punto de saír do cárcere o informático francoitaliano Hervé Falciani, que en poucos días empezará a pasearse polas rúas levando no peto unha lista cos nomes de centos de cidadáns con contas opacas en Suíza.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 14/12 realizouse unha curta reunión entre o Comité de Empresa e a Xerencia para analizar as modificacións que se introduciron á anterior proposta.
 UNIVERSIDADE - PAS E PDI
    O reitor da Universidade e o secretario xeral, reuníronse o pasado día 11 coa representación dos traballadores e traballadoras da Universidade. Estiveron presentes na Manuela Pinazas e Marcos Pérez, da Xunta de PAS, Andrés Marcos, da Xunta de Persoal PDI, e Mercedes Teijeiro e Félix Blázquez, do Comité de Empresa do PDI, Juan Carlos Muñiz e Xosé Manuel Portela, do Comité de Empresa do PAS.
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Se están xordos ás nosas reivindicacións nós faremos máis ruído e incrementaremos as mobilizacións.. Non imos parar. Non nos calarán!. Polo período que se aveciña, tomámonos un descanso para recomezar con máis folgos en xaneiro
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 20 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, xuntamos a convocatoria, se queredes que se faga algunha intervención facédenolo saber.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    A USC consumou este mércores a decisión de anular a convocatoria de prazas docentes que anunciou no verán e que o Reitorado suspendeu hai unhas semanas por indicación da Xunta.
 PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL
    A Mesa do Parlamento de Galicia, controlada polo dereitista Partido Popular -PP, decidiu o pasado 11 deste mes de Decembro de 2012, que a Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos en apoio á mellora do sistema sanitario público e contra a súa privatización, se vai debater o próximo martes día 18 de Decembro sobre as 10 da mañá.
 LINGUA - LOMCE
    Acusan o Goberno de non querer mellorar os estándares educativos
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript