Número 165 - 10 de decembro de 2012
 
 
A Universidade de Vigo e a Xunta establecen condicións máis beneficiosas para o goce dos días de asuntos particulares e vacacións
UNIVERSIDADE

    O sr. Reitor, coas súas últimas actuacións tensa, unha vez e outra, a relación co colectivo. Sucédense as actuacións neste sentido. Desconto da catorceava parte do salario ou da paga extra de decembro, a RPT, a Instrución de Incapacidade Temporal (IT), agora coa Resolución sobre xornada, horario…
     
    O sr. Reitor mide de xeito sistemático as nosas forzas para “colarnos” o seu proxecto que non é outro que sexamos o PAS o elemento de aforro agora que se aproximan tempos “difíciles”

UNIVERSIDADE - TAMÉN TEMOS A RAZÓN LEGAL

    Unha sentenza de 28 de novembro de 2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia confirmou unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo pola que se condena á Universidade de Valencia á aplicación do control horario ao profesorado universitario. O sindicato recorrente formulou a cuestión da discriminación no sistema de control, que para o persoal de administración e servizos requiría sinaturas ou fichaxes e en cambio para o profesorado universitario era inexistente. Agora o control deberá ser mais democrático: ou todos ou ningún.

TODOS/AS A FICHAR!!

    Tráiler do que a Xerencia da Universidade da Coruña quixo impoñer aos traballadores e traballadoras, a partir do 1 de xaneiro. Grazas Luís.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA GALEGA - XUNTA DE PERSOAL SERVIZOS CENTRAIS

    Representantes da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais entregaron máis de 3.400 sinaturas de empregados públicos galegos no rexistro da Xunta e no Parlamento para reclamar que se lles abone a paga extra a principios de xaneiro.
     
    A recollida de sinaturas continúa!.

UNIVERSIDADES

    Hoxe, luns, lerán un manifesto para expresar a súa preocupación pola situación da educación superior e a investigación a causa da tesoirada en investimentos dos Presupostos Xerais para 2013

MÁIS PRIVATIZACIÓNS

    Denuncian que os cidadáns van ter que pagar aranceis. "Ata agora o Rexistro Civil concibíase como un servizo público de carácter gratuíto".

PARA XUSTIFICAR A PRIVATIZACIÓN

    No seu plan para externalizarlos asegura que gastan máis de 600 euros por paciente e ano mentres que ao facer o balance do seu funcionamento en 2011 atribuíulles un gasto de 441.

OPINIÓN - ESTHER VIVAS

    Hai algúns anos Michael Moore retrataba brillantemente en 'Sicko' o negocio e a estafa sanitaria en Estados Unidos nas mans de grandes compañías aseguradoras. Hoxe este é o modelo que se impón no Estado español.

SOLIDARIEDADE

    Este luns, día 10 de decembro, de 19 a 20 horas, no Salón de Actos da Galería SargadeIos (Rúa Rubalcava, 30-32), celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

INTERNACINAL - TOMADE NOTA

    Dende o inicio da crise, os soldos recortáronse entre un 20 e un 50% mentres os prezos e os impostos incrementáronse.

CONSUMO

    Recadar. Parece ser no único que pensa o Ministerio de Industria. Diñeiro como sexa para pagar o pufo do déficit de tarifa, próximo xa aos 30.000 millóns en total.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Supoño que o problema é a distancia: como esta semana estou fóra non me chegan ben as noticias. Así que estou a desexar regresar para recuperar toda a prensa, raio, televisión e webs destes días e así ler e escoitar todo o que empresarios e políticos din estes días sobre Díaz Ferrán e as súas fazañas.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Se están xordos ás nosas reivindicacións nós faremos máis ruído e incrementaremos as mobilizacións.. Non imos parar. Non nos calarán!. Polo período que se aveciña, tomámonos un descanso para recomezar con máis folgos en xaneiro
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 13 realizarase unha nova reunión do Claustro Universitario, xuntamos a convocatoria e o informe de xestión do Valedor Universitario.
 PARO - NOVEMBRO
    As comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, pecharon o mes de novembro cun incremento do paro dun 2,16%, que eleva o número de desempregados na zona a 20.386.
     
    Na cidade da Coruña se en outubro se sumaron ao INEM 339 traballadores, a cifra incrementouse noutros 310 en novembro.
 EXTRA DE DECEMBRO
    O Executivo autonómico en funcións sinala que a decisión do Goberno central de presentar un conflito de competencias ante o Constitucional non alterará os pagamentos.
 EFECTOS DA ESTAFA
    O Eurostat apunta a uns índices de poboación en risco de pobreza que alcanzan case o 22%.
 OLIGOPOLIO
    A Comisión Nacional da Enerxía (CNE), unha vez máis, foi a última en constatar unha realidade que coñece calquera condutor do estado que necesite repoñer o seu vehículo e pague o carburante do seu peto: as petroleiras pactan os prezos e manipulan o mercado.
 DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
    Co gallo do Dia Internacional dos Dereitos Humanos, queremos este ano centrarnos no dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social. Dereito fundamental e universal en grave perigo debido aos recortes iniciados polo actual goberno do Partido Popular.
 MOBILIZACIÓNS POLA NOSA LINGUA!
 LEI DE TAXAS XUDICIAIS
    O que está claro é que esta norma de pagamento indiscriminado polo acceso á xustiza ten varias lagoas legais de amplo calado. Fundamentalmente, a propia vulneración da capacidade económica de cada contribuínte na lei de taxas
 LINGUA - LOMCE
    Análise de ProLingua sobre os efectos que terán os apartados da LOMCE dedicados ao papel das linguas no sistema educativo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      Números anteriores
       
      De interese
      O sindicalismo de clase depende de tí
      CALENDARIO LABORAL 2010
      CALENDARIO LABORAL 2011
      CALENDARIO LABORAL 2012
      A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
       
      Sácalles a lingua  
       
      CONTRA O PACTO SOCIAL
      O XORNAL - información obreira
      O IMPERIALISMO NON PASARA!!
      NON AS NUCLEARES
      22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

      cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript