Número 163 - 26 de novembro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE

     
    A Xerencia transmitiu unha nova proposta de RPT na que non observamos melloras significativas ao respecto da proposta anterior.

14-N FOLGA XERAL - CUT

    Como non podería ser doutro xeito, en Galicia a Folga Xeral do pasado 14 de novembro foi seguida claramente pola clase traballadora. A pesares da confusión, a pesares do retraso na convocatoria por parte das corporacións sindicais, a resposta da clase traballadora e dos sectores populares foi masiva. Unha vez máis evidenciouse que a xustificación reacionaria da maioría sindical, esa que di: “os traballadores e traballadoras non se moven”, é unha falacia.

LABORAL

    As cifras son ilustrativas. E revelan ata que punto a redución salarial -nun contexto inflacionista- adoptou carta de natureza. Os datos que publicou o Instituto Nacional de Estatística mostran, en concreto, que en 2011 o 30% dos asalariados tiña uns ingresos inferiores a 1.218,2 euros brutos anuais. Ou o que é o mesmo, 4,52 millóns de traballadores poden ser considerados 'mileuristas'.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O presidente estremeño anunciou que os empregados públicos desta comunidade autónoma cobrarán finalmente este ano a paga extra de Nadal, grazas aos fondos que a rexión percibirá tras unha sentenza do Tribunal Constitucional que dá a razón ao Executivo estremeño no imposto que estableceu sobre os depósitos das entidades de crédito.

O GRANDE ENGANO DA CRISE

    Os integrantes da casta política, que sen rubor non dubidan en lexislar en contra dos intereses da cidadanía desenvolven unha intuición e un instinto de supervivencia máis propio do mundo animal que do ser humano.

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA - FERROL

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, na súa sesión plenaria de onte mércores 21 de novembro e na que estaban presentes 17 entidades, ACORDOU convocar unha mobilización para o martes día 4 de decembro en Ferrol (concentración ou manifestación) en Defensa da Sanidade Pública e en solidariedade coas mobilizacións que se celebran en Madrid

UN ANO DE GOBERNO DO PP

    O 20 de novembro cumpriuse o primeiro ano da vitoria electoral de Mariano Rajoy
     
    Suba de impostos, copago, recortes de servizos públicos, rebaixa de salarios aos traballadores da Administración Pública, creación de banco malo... Numerosas medidas aplicadas foran previamente desmentidas

EDUCACIÓN PÚBLICA

    No verán do 2012 un grupo de nais de Samos, O incio, Cervantes, Navia de Suarna, ... érguense en defensa da educación dos seus fillos e fillas no medio no que decidiron vivir: a montaña e o rural galego (Vídeo realizado por FILMIKA).

LOITAR DA RESULTADO

    O conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid, Javier Fernández-Lasquetty, avanzou que o seu departamento e a Xunta de Centro do Hospital de La Princesa lograron un acordo sobre o modelo de futuro para o centro...

OPINIÓN . ISAAC ROSA

    Cando o xefe te chame ao seu despacho e che diga iso de "as cousas van cada vez peor, véxome obrigado a despedirte, pregúntalle: onde está o diñeiro, xefe?
     
    Cando na nómina descubras que ganas un 20% menos, corre a buscar o director e que che responda: onde está o diñeiro, xefe?

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Nós seguimos coas mobilizacións, non imos parar!, non obstante facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras da Universidade para que se sumen á causa de todos, se nos atacan, polo menos responder. Está demostrado que mobilizarse de vez en cando e en ocasións sinaladas non chega, só a mobilización continuada, tomando as rúas e mostrando publicamente o noso descontento conseguiremos cambiar as cousas.
 BANCA, GOBERNO E CAPITAL: MALTRATADORES
    As mulleres da CUT denunciamos a escalada de violencia sistémica que estamos a vivir e berramos que os desafiuzamentos, o empobrecemento e a exclusión son parte da ofensiva patriarcal.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    Os traballadores dos servizos de reprografía da USC protestan en Santiago para reclamar o cobro do salario de outubro. Así, desde as 11.00 horas púidoselles ver cunha pancarta diante dunha fotocopiadora da rúa Romero Donallo
 AS TAXAS XUDICIAIS DE GALLARDÓN
    A gran novidade da nova lei, publicada este mércores no BOE, é que os gravames se estenden a toda a poboación. Un divorcio con reclamación de pensión de 200 euros custará 812 euros e recorrer unha multa de 100 euros, 200 euros
 PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA - FERROL
    Segundo os últimos datos oficiais feitos públicos polo Servizo Galego de Saúde o pasado mes, relativos ás listas de espera, se confirma o continuo deterioro na Sanidade Pública co Goberno de Núñez Feijoo como desde esta Pdspf viñamos denunciando
 SANIDADE PÚBLICA
    O Servizo Galego de Saúde publica o decreto anual coas tarifas ás que teñen que facer fronte ás persoas sen cobertura sanitaria pública e tamén as que fagan un "uso irresponsable" dos recursos sanitarios. Os prezos experimentan unha suba do entorno do 2,5% .
 CONSUMO - SAÚDE
    A organización pide a empresa téxtil que deixe de vender pezas que usan substancias tóxicas vinculadas á contaminación da auga.
 SANIDADE PÚBLICA
    A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) alertou de que na Sanidade Pública existe unha lista de espera duns tres meses de media para recibir un diagnóstico, é dicir, dende que o paciente pide cita ao especialista, faise a proba correspondente e volve á consulta para coñecer os resultados.
 LINGUA - SENTENZA DO TSXG
    O TSXG tomba o artigo do “Decretazo contra o galego” que supuxo o varrido do galego no 96% dos centros de infantil das cidades.
     
    O Tribunal considera que debería outorgárselle ao galego “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      Números anteriores
       
      De interese
      O sindicalismo de clase depende de tí
      CALENDARIO LABORAL 2010
      CALENDARIO LABORAL 2011
      CALENDARIO LABORAL 2012
      A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
       
      Sácalles a lingua  
       
      CONTRA O PACTO SOCIAL
      O XORNAL - información obreira
      O IMPERIALISMO NON PASARA!!
      NON AS NUCLEARES
      22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

      cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript