Número 162 - 19 de novembro de 2012
 
 
14-N FOLGA XERAL

    A folga, na universidade da Coruña, foi un éxito total, descoñecemos os datos concretos de participación pero, polo que sabemos dos centros e servizos, e polo que nos comunicou o piquete estudantil que percorreu o Campus da Coruña, foi practicamente total no PAS e case total no que respecta a alumnos e PDI.

UNIVERSIDADE

    Tendo coñecemento da convocatoria de folga desde fai meses e, oficialmente, coa antelación legalmente establecida, a Xunta de Galicia facendo un exercizo moi propio do PP notifica os servizos mínimos cunha antelación mínima para imposibilitar, entre outras cousas, os recursos.

CIENCIA

    Estamos a asistir á morte da ciencia no conxunto do estado español. Os anos de desgoberno do PPSOE fan que na actualidade os investimentos en I+D+i estean a niveis de 2005.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA

    O Goberno cede unha vez máis á presión da banca e anuncia medidas que exclúen á maioría da xente afectada.

GESTHA

    Máis de douscentos representantes das distintas asociacións dos Técnicos do Ministerio de Facenda (GESTHA) analizaron a brecha salarial xurdida no estado entre as clases medias e baixas e os grandes patrimonios como consecuencia da crise económica, durante a celebración do seu XII Congreso realizado en Euskal Herria desde o 16 de novembro.

EFECTOS DA INTERVENCIÓN – NON HAI SOBERANÍA

    O Memorando de Entendemento do rescate bancario que se asinou en xullo especifica que o Goberno debe consultar co Executivo comunitario e co BCE as políticas financeiras que poidan atrasar ou alterar o plan de saneamento bancario. O Fondo Monetario Internacional (FMI) tamén tería que emitir unha análise técnica, como adiantou hoxe Expansión.

DESAFIUZAMENTOS

    O Real Decreto-lei contra os desafiuzamentos publicado este venres permite que os afectados conserven a vivenda dous anos máis, pero a súa débeda co banco seguirá incrementándose

VIOLENCIA POLICIAL

    Empeza a parecernos rutina, unha máis deste ciclo de protestas. E non pode ser, non podemos normalizalo...
     
    Ao día seguinte da folga, toca cine. De terror, por suposto. Fíxose xa costume que dediquemos o día despois dunha folga ou manifestación a ver os centos de vídeos de brutalidade policial que circulan polas redes sociais. E a folga do 14-N, como esperabamos, incorporou varios títulos á nosa filmoteca.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Na nosa perspectiva non está parar as mobilizacións que semanalmente realizamos, todo o contrario, temos que continuar e facer que cada xoves sexan máis numerosas.
 REPAGO FARMACÉUTICO
    O Consello de Estado cre inconstitucional o pago dun euro por receita implantado en Catalunya co apoio de CIU-PP e que proximamente se quere impoñer na Comunidade de Madrid (PP). Do ditame desvinculouse María Teresa Fernández de la Vega antiga vicepresidenta do goberno do PSOE que, polo que parece, si o considera procedente.
 FOLGA XERAL
    Unha das actitudes corruptas e impunes que se deron durante a Folga Xeral do día 14 de novembro, foi a de decenas de concellos do Partido Popular deixando os farois acendidos durante toda ou parte da xornada para falsear o consumo eléctrico e, con el, a estimación de seguimento do paro por parte de industria e comercio.
 LABORAL - CRISE
    O desemprego, a redución de salarios e os axustes levados a cabo polo Goberno nos últimos anos causaron un aumento da pobreza, segundo o informe 'Adeus ás clases medias', do colectivo de técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha).
 DESAFIUZAMENTOS
    A banca converteuse no branco da ira cidadá por deixar na rúa centos de familias. Familias que, na maioría dos casos, ademais de perder a súa vivenda seguen mantendo unha débeda coa entidade correspondente.
 CÓMPLICES
    As indemnizacións millonarias percibidas por numerosos directivos de bancos e caixas de aforros que tiveron que ser rescatadas foron reprobadas pola sociedade por consideralas inmorais.
 LINGUA - Mercedes Queixas Zas
    A identidade inicial das persoas tamén vén determinada polo nome propio que un pai e unha nai acaban por decidiren para nós, logo de resolveren unha decisión importante que marcará o intenso camiño da relación paterno/materno - filial.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript